Orientación

21 de maio: Día da diversidade cultural

          O martes 21 de maio festexamos no instituto pola mañá o Día da Diversidade Cultural, así declarado pola Unesco desde 2002 a raíz da Declaración feita un ano antes na que se recolle a importancia de coñecer, respectar e conservar a inmensa riqueza que supón a variedade de culturas que hai no mundo como factor de integración e de inclusión e para un maior entendemento, máxime nestes tempos que corren.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 21 de maio: Día da diversidade cultural

Convivencia: ampliando horizontes a través da lectura

O alumnado de 4º de ESO ven traballando ao longo do curso o seu desenvolvemento persoal, intelectual, afectivo e lingüístico na área de lingua castelá coa profesora Ainhoa:

“Mi corazón en una caja de zapatos”

“Almendra”

“Amarilla”

A través da mirada de distintos personaxes literarios afondan no autocoñecemento, as emocións, a autosuperación persoal e os valores sociais.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lecturas para a convivencia

Formando novos mediadores e mediadoras

 Comenzamos a formación de novos mediadores e mediadoras para o vindeiro curso co programa de mediación impartido por Alicce

 A mediación é un proceso transformador que encerra unha experiencia de aprendizaxe para quen participa nela, conectando ás persoas cos seus valores, sentimentos, respecto polo outro, e adquirindo ferramentas para enfrontar os conflitos. 

A través da mediación os alumnos e alumnas poden abordar as situacións de conflito escolar dunha maneira nova e máis efectiva, responsabilizándose nunha participación comprometida cos cambios consensuados.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Formación de mediadores e mediadoras

Poñendo os lentes na educación afectivo sexual

A educación afectivo sexual xoga especial relevancia en determinados momentos do desenvolvemento evolutivo das persoas, e a adolescencia é un deses momentos; por unha banda, os e as adolescentes ven como o seu corpo sofre unha transformación que vai supoñer unha asimilación deses cambios a nivel psicolóxico que moitas veces non son fáciles de aceptar por elas e eles.

Alumnas e alumnos de 3º ESO participan nos obradoiros impartidos pola Fundación AMINO no noso IES.

  • Confianza nun mesmo, autoestima, autocoidado e autocoñecemento. 
  • A Imaxe persoal.
  • Mitos e falsas crenzas en torno ás prácticas sexuais, 
  • Xenitalidade, expectativas e estereotipos.
  • Pautas de saúde sexual e reproductiva.
  • Asertividade, consentimento e confianza.
  • Emocións e presión. Pracer e o contrario.
  • Primeiros encontros: enamoramento, parellas e rupturas. 
  • Respeto e xestión do rexeitamento.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Poñendo os lentes na educación afectivo sexual

Visita ao campus universitario de Pontevedra

O alumnado de 1º de Bacharelato visita as distintas facultades do campus de Pontevedra.

ENLACE A TODA A INFORMACIÓN 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita ao campus de Pontevedra

Programa "Convivindo"

No mes de marzo 1º e 2º de ESO participou nos obradoiros de resolución positiva de conflitos do programa Convivindo  impartidos por psicólogas da Fundación Amigó.

  • A importancia da educación emocional.
  • As emocións: identificación e expresión.
  • Conflitos-emocions: a importancia da comunicación e como xestionar as nosas emocións ante os conflitos. 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Programa Convivindo

A importancia da comunicación cos fillos e fillas

Nais e pais do alumnado de 3º ESO participan nas charlas impartidas polo Concello dentro do Programa "Máis que un teito" sobre a importancia do diálogo e a comunicación cos fillos e fillas e as estratexias máis axeitadas nestas idades. 

As veces non é sinxelo que os fillos e as fillas comuniquen as súas inquedanzas no eido familiar, e é moi importante favorecer o diálogo e a comunicación, que se sintan seguros e apoiados. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> A comunicación cos fillos e fillas

Como afrontar os conflitos no fogar

Nais e país do alumnado de 2º ESO participan nunha nova charla sobre cómo afrontar os conflitos no eido familiar e a importancia de repensar, dialogar e chegar a acordos.

O conflito é un proceso natural na sociedade e un fenómeno necesario para a vida humana, pode ser un factor positivo para o cambio e o crecemento persoal e interpersoal.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Afrontar os conflitos cos fillos e fillas

A importancia da toma de decisions

As alumnas e alumnos de 4º ESO participaron o 7 de marzo na 8ª edición da feira de ensinanzas artísticas e profesionais de Vigo.

En pequenos grupos, e acompañados por guías, foron visitando os distintos expositores das ensinanzas artísticas e profesionais que participaban na feira.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Feira de ensinanzas artísticas e profesionais
Distribuir contido