Recomendámosche

... e agora chove

Julio Cortázar

Aplastamiento de las gotas

          Yo no sé, mira, es terrible cómo llueve.

Unha historia de frío

Gabriel García Márquez

El prisionero


          La historia que más me ha impresionado en mi vida, la más brutal y al mismo tiempo la más humana, se la contaron a Ricardo Muñoz Suay en 1947, cuando estaba preso en la cárcel de Ocaña, provincia de Toledo, España.

Lectura de Camilo José Cela

          Quince anos despois do falecemento de Camilo José Cela Trulock, premio Nobel de Literatura 1989, nacido en Iria Flavia (Padrón), onde constituíu unha fundación co seu nome para preservar o seu legado, sumámonos ao seu recordo.

                                      

          Non podendo abordar aquí a lectura dunha das súas grandes novelas, podemos alomenos coñecer a súa magnífica prosa e captar o hábil manexo que fixo do idioma nalgún destes contos que vos achegamos a continuación: Don Anselmo ou Un niño piensa.

 

 

DON ANSELMO                                                  Camilo José Cela
-------------------------------------------------------------------------------------------------
I
------------------------------------------------
Don Anselmo, ya viejo, me lo contó una noche de diciembre de 1935, poco más de un mes antes de su muerte, en el Club de Regatas. Era una noche lluviosa y fría, y en el Club no quedábamos sino don Marcelino, don David, don Anselmo y yo.
Don Marcelino y don David jugaban lentamente su interminable y cotidiana partida de chapó; la partida la ganaba, como siempre, don David, y don Marcelino, como siempre también, todas las noches, al ponerse el abrigo, exclamaba resignadamente:
--No sé lo que me pasa esta noche; pero estoy flojo, muy flojo...

Agustín Fernández Paz

UN CONTO DE NADAL


     Desde o alto, distinguiu unha aglomeración de xente arredor dun edificio inundado de luces. Un lugar ideal para iniciar a investigación que o traía á Terra. Seleccionou unha persoa que permanecía inmóbil e introduciuse nela.


    

     O home non notou nada, agás un lixeiro calafrío que atribuíu ao aire xélido daquela tarde. A translación funcionara sen problemas, e Xhantl foi asimilando aos poucos a nova realidade. Estaba na Terra, no interior dun humano, e experimentaba por vez primeira a estraña sensación de ser el e, ao tempo, ser outro diferente.

Continúa ..

Memorias dun neno labrego. Pachín

Nun tempo disque falaban os animais. Andró-
menas. Está ben que se lle conte a nenos da
teta, pero non a min que levo rillado catro codias.
Todos os días estase a refacer a verdade.
Fai unha chea de tempo que non oio falar
seriamente do «Anxo da Garda», nin dos Reis
Magos. E quen sabe cantas cousas máis que

Memorias dun neno labrego. Eu son...

Eu son Balbino. Un rapaz de aldea, coma quen di,
un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea
tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a
pesar do que lle aconteceu por causa miña.
No verán ando descalzo. O po quente dos camiños
faime alancar. Magóanme as areas e
nunca falta algunha brocha para espetárseme

Marcos Ana

 

     Aos 96 anos, despois dunha vida, aínda que longa, drasticamente recortada, faleceu Marcos Ana. Tristemente ostenta o récord de ter sido o preso que máis tempo permaneceu recluído nos cárceres franquistas: 23 anos; afortunadamente, neles fíxose poeta. Pero neles deixou anacos de vida irrecuperables para sempre. 

     Ao saír do cárcere, en 1961, tocoulle o exilio a París e, moito máis tarde, o regreso a España xa morto Franco, en 1977. Pola súa vida e obra, distribuída primeiro fóra de España e aquí só de forma clandestina, e logo xa abertamente, chegaría  a obter moitos recoñecementos. Pero o importante era, como el sempre dixo e fixo, vivir para os demais, loitar polos outros. 

     Como exemplo da actitude de loita que nunca depuxo serve moi ben o título do seu derradeiro libro: Vale la pena luchar (2013).

     A notoriedade maior chegoulle, non obstante, ao publicar no ano 2007 as súas memorias, Decidme cómo es un árbol. Memoria de la prisión y la vida.

LEONARD COHEN (1934 - 2016)

          O escritor e cantante canadense vivía actualmente en Os Ánxeles, onde publicou o seu derradeiro disco, You want it darker, que presentou hai tan só un mes, o 13 de outubro.

          Desenvolveu unha longa carreira de máis de seis décadas como escritor, sobre todo poeta, e logo músico, na que foi gañando seguidores. Recibiu como recoñecemento o Premio Príncipe de Asturias das Letras na súa 31ª edición; do importe do premio fixo doazón á Universidade de Oviedo para a creación dunha cátedra concibida como "un lugar de encontro entre a poesía e a música, entre os creadores e o seu público, entre a arte e a sociedade".

          Queda para sempre a súa voz característica e a mensaxe que quixo transmitir en obras inesquecibles como Suzanne, Hallellujah, So long, Marianne, Bird on the wire, Dance me to the end of love...

BOB DYLAN, Premio Nobel de Literatura 2016

          Non sen sorpresa, recíbese a noticia da concesión do Premio Nobel de Literatura nesta edición a Bob Dylan, poeta, músico e cantante nacido nos EEUU como Robert Allen Zimmerman no ano 1941; é autor de coñecidísimas letras que nos veñen acompañando durante décadas: Blowing in the wind, Hurricane, Knocking on heaven´s door, Like a rolling stone, Lay lady lay, Masters of war... que desde aquí convidamos a visitar.

Distribuir contido