Recomendámosche

FONTÁN de Marcos Calveiro

         Esta novela conta a vida de Domingo Fontán desde o seu nacemento en Portas do Conde (Portas, 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro ao carón da casa dos pais, a do estudante en Compostela e a do deputado en Cortes, a do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha personalidade extraordinaria.

    

Algunhas recomendacións ...

Se picas nesta ligazón podes ver algunhas recomendacións literarias en galego e en castelán.

Tristeza ao redor da festa das Letras Galegas

 

María do Carme Kruckenberg

(Vigo, 1926-2015)

           No seu blog Brétemas, Manuel Bragado fala o 17 de maio de 2015 da forza, persoal e lírica, desta poeta viguesa que nos abandonou aos 88 anos, tinxindo de tristeza estes días que máis habían ser de ledicia e de celebración para as letras galegas.

 

          Di así:

Para o primeiro domingo de maio

     É tradición en todo o mundo dedicar un día para honrar a figura da nai. En España faise nesta data desde 1965. Para celebrala, traemos aquí algúns textos, de tantos que se poden atopar, nos que se amosa desde diversas perspectivas a especial relación materno-filial ou viceversa.

A literatura, de loito

     Estamos en abril, achegándonos á gran festa dos libros, e sorpréndenos un ano máis unha mala nova, neste caso por partida dobre. Hai poucos días, o mesmo 13 de abril de 2015 falecían, nos seus respectivos países, o escritor alemán Günter Grass e mais o uruguaio Eduardo Galeano.

O día da eclipse

eclipse

     Como hoxe vivimos unha eclipse moi soada, aproveitamos para recordar ao extraordinario escritor guatemalteco AUGUSTO MONTERROSO como autor da narración que leva ese título precisamente:   El eclipse

Último traballo de Antonio Giráldez

Os presentamos el último trabajo del compañero Antonio Giráldez Lomba, profesor de Geografía e Historia en nuestro centro y miembro fundador del Instituto de Estudios Vigueses.

Distribuir contido