Actividades 2015/2016

Entroido 2016

O pasado venres 5 de febreiro celebramos o Entroido. Picando na imaxe superior ou aquí podes acceder a algunhas das fotografías do evento. 

Patinaxe sobre xeo

En xaneiro varios grupos de alumnos e alumnas do noso centro disfrutaron da actividade de patinaxe na pista de xeo instalada en Samil. Pica na imaxe superior ou aquí para ver algunhas fotos.

Reparto de froita

A semana pasada repartimos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do FOGGA. Esta actuación pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes.

O luns e o venres repartimos plátanos, o martes mazá, o mércores pera e o xoves clementina. En total consumíronse máis de 300 kg de froita.

Agradecemos ao alumnado a boa acollida que tivo esta actividade. Achégamos un documento con algunhas propiedades das froitas.

Visita á ETSE de Minas

A visita foi exhaustivamente documentada  fotograficamente.
Seguro que vos atopades en varias das fotos que subimos. Iso si, non vos recoñeceredes nas termografías.
Un saúdo.

Reparto de froita entre o alumnado da ESO

Fonte imaxe

O IES Castelao participa no programa de distribución de froita fresca ao alumnado da ESO. Trátase dunha actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea  a través do FOGGA que consistirá no reparto gratuíto dunha peza de froita entre o alumnado. O consumo realizarase durante o primeiro recreo.

Esta actividade pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes. O primeiro periodo de reparto irá do luns 18 ao venres 22.

Lembrando a Neira Vilas

Preme para ver a foto ampliada Os alumnos de 1º ESO C e 2º da ESO B e C  fixeron tamén unha pequena homenaxe a X. Neira Vilas tras o seu falecemento, ocorrido o pasado 27 de novembro de 2015.

Xosé Neira Vilas

Todo o profesorado, alumnado e persoal non docente do centro lamenta a perda do escritor, académico e Doutor Honoris Causa, Xosé Neira Vilas, acontecida o 27 de novembro pasado. Entre o 9 e o 16 de novembro, o alumando de 3º da ESO homenaxea o seu nome cunha serie de lecturas sobre a súa obra.

Lecturas na Biblioteca

Entre os días 4 a 6 de novembro a biblioteca do centro desenvolveu a primeira sesión da actividade Lecturas na Biblioteca, planificada para todo o longo do curso. Nesta ocasión o alumnado de 2º da ESO realizou unhas lecturas de contos, con temática de medo, escolmados en galego e castelán.

Día da tradución

Para celebrar o Día da tradución, desde o 28 de setembro ao 2 de outubro, expuxemos no vestíbulo do centro carteis alusivos á tradución e unha selección dos libros traducidos da nosa biblioteca. Asemade, incluímos uns traballos de traducións dos principais tópicos literarios realizados polo alumnado de 1º Bacharelato matriculado na materia de Literatura Universal.

A semana da ciencia

A Semana da ciencia celebrouse do 16 ao 20 de novembro. Neste artigo podes ler un resumo das actividades desenroladas polo departamento de Física e Química. Podes acceder á versión en PDF picando aquí.

1. BREVE INTRODUCIÓN HISTÓRICA DA “SEMANA DA CIENCIA”

A súa orixe localízase no ano 1991 en Francia, da man do seu Ministro de Investigación Hubert Curien, coma celebración do 10º aniversario do seu ministerio no que se abriron ao público os xardíns do Ministerio, coa intención de acercar a Ciencia ao público en xeral.

(Para continuar lendo pica en "Ler máis")

Distribuir contido