Actividades 2023/2024

Na pel delas - 25 N (Grupo de Igualdade)

Para conmemorar o vindeiro 25N o alumnado que forma parte do Equipo de Igualdade (Estela morada) estivo traballando nunha escolma de mulleres artistas de diferentes épocas e ámbitos que sufriron violencias de xénero.

Podedes desfrutar da exposición vendo os retratos de cada unha das mulleres feitos polo noso alumnado quen quixo meterse na súa pel por un día.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Presentación Grupo de Iguldade 25N

Programa Katorce18

O alumando de 3º da ESO participou nos Obradoiros de Prevención e condutas infractoras impartidas pola Fundación Arela.

Nesta actividade debateron arredor da Lei do menor e sobre a responsabilidade penal na comisión de infraccións. Este encontro permitiulles establecer un intercambio de palabras que os fixo reflexionar arredor do seu papel na sociedade.

É un deber contribuír como institución na formación de cidadáns plenos. Ademais, colabrar con entidades como Arela, fan do noso Centro un lugar de información que estreita lazos coa sociedade. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Programa Ktorce 18

Programa Katorce18

O alumando de 3º da ESO participou nos Obradoiros de Prevención e condutas infractoras impartidas pola Fundación Arela.

Nestes obradoiros o alumnado achégase e debate sobre a Lei do menor a responsabilidade penal na comisión de infraccións nun intercambio de palabras que os fai pensar e que lles permite reflexionar arredor do seu papel na sociedade. 

Ademais, colaborar con entidades como Arela, estreitan os nosos lazos coa sociedade e fan do instituto un lugar de encontro. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Programa Ktorce 18

PIALE no Porto - Experiencia da nosa profesora Helena Fernández

A profesora do noso centro, do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, Helena Fernández vén de participar en Porto no Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) da Xunta de Galicia. 

 

A estadía compartiuse con outros dezanove docentes de toda Galicia desde o 9 de outubro ao 5 de novembro. O programa consiste na integración nun centro escolar portugués para coñecer novas pedagoxías e observar o seu sistema educativo, alén da mellora na lingua portuguesa, adquirindo vocabulario específico do ámbito educativo. O seu centro de acollida foi a Escola Básica e Secundária Clara de Resende de Porto, onde se sentiu coma na casa. Todo isto está enfocado para a implantación ou mantemento da lingua portuguesa nos respectivos centros da Galiza.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Piale no Porto (Helena Fernández)

A biblioteca quere saud-arte

          Tal como explicamos no claustro de principio de curso, a biblioteca propón, para a mellora da competencia de comprensión e expresión lectora do noso alumnado o desenvolvemento dun proxecto baseado na observación e reflexión sobre obras de arte (Escribir con arte)e a súa plasmación despois por escrito, sexa en traballos de investigación, creación, recreación, interpretación... Para iso propoñemos de entrada a contemplación desas láminas que desde hoxe están expostas no vestíbulo do instituto que poden servir para este propósito.

Obradoiro de Intelixencia artificial. Érase unha vez un mundo de datos

Obradoiro " Intelixencia artificial. Érase unha vez un mundo de datos".

 

 

O pasado 6 de novembro, celebrando a semana da Ciencia en galego, o alumnado de TIC de 1 de bacharelato disfrutou duns obradoiros conducidos por Raquel Pérez e Moisés Cordeiro, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da universidade de Vigo. Foi un xeito moi ameno de experimentar cómo aprenden de nós e cómo actúan as intelixencias artificiais que hoxe en día nos rodean.

 

Acto de inauguración Aula Exterior Francisco Fernández del Riego

O IES Castelao inaugurou unha aula exterior na honra de Francisco Fernández del Riego cun acto no que non puideron faltar o folclore, a lingua galega e o positivismo do que tanto presumía o falecido escritor

Álbum: Curso 2023/2024 -> Inauguración Aula Exterior Francisco Fernández del Riego

Coñece a túa biblioteca

   

 

 

Como cada novo curso, recibimos desde o xoves 21 de setembro ao alumnado novo no centro, isto é, os primeiros de ESO e tamén os primeiros de Bacharelato, porque nestes últimos son minoría os rapaces do propio instituto e maioría os que veñen de fóra.

Día Europeo das Linguas - Día da Tradución

          

Hoxe venres 29 de setembro quixemos festexar a diversidade lingüística aproveitando dúas efemérides:

O martes desta semana, o día 26 de setembro, celebrouse o Día Europeo das Linguas. Moitas delas sonnos coñecidas porque son as nosas propias; outras estudámolas, outras escoitámolas con frecuencia e outras se cadra non tanto.

A diversidade lingüística é un riquísimo patrimonio que temos que coñecer e debemos contribuír a conservar e transmitir. 

A outra efeméride: mañá día 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución, recordando a San Xerome, tradutor da Biblia ao latín, no século V.

Nesta data, 30 de setembro, preténdese salientar a importancia do labor profesional dos tradutores como facilitadores da comunicación entre os pobos.

Un grupo de membros da comunidade do IES Castelao deron lectura a un texto en distintas linguas. O texto é unha das cantigas de Martin Codax.

Martín Codax foi un trobador do século XIII, seguramente orixinario de Vigo, porque fai moitas referencias ao mar de Vigo nos seus poemas.

O texto lido foi a cantiga número sete de Martín Codax, en doce linguas diferentes:

Alexandre Faria, de 2º Bac E, no galego-portugués orixinal

Javier Lamas e Darlington Osayuki, de 1º ESO-A, en inglés

Ainhoa Rodríguez, profesora de LCL, en italiano

Isaac Elcorobarrutia, de 2º ESO-C, en éuscaro

Sara Sounni, de 4º C,  en árabe

Iván Hernández, de 4º C, en catalán

Nerea Tudose, de 1º ESO-C, en romanés

Fatoumata Djitte, de 1º Bac-E, en ruso

Mencía Jorge, de 2º Bac-E, en latín

Aitana Avendaño, de 1º Bac-E, en xaponés

Alejandro Alonso, de 2º Bac-E, en grego

Gloria Quicler, profesora de LCL, en serbocroata.

A lectura fíxose desde o vestíbulo e transmitiuse polos novos altofalantes; parte do alumnado asistiu desde os corredores que dan abaixo e o resto desde as aulas.

Foron uns minutos de comuñón na diversidade, abofé!

  

 

...

Distribuir contido