Actividades 2023/2024

O Grupo de Igualdade expón o seu labor nas Xornadas da muller

As nosas profesoras Chus Suárez, Chus Ferrín e Silvia Iglesias participaron nas XXI Xornadas da muller cunha conferencia (Como levar o feminismo ás aulas), que sintentiza o seu estupendo labor co Grupo de Igualdade do IES, Estela Morada

O alumnado de 1º da ESO participa en Ligamats

Alumnado de 1º da ESO participou nas probas de Ligamats que se desenvolven na Escola Rosalía de Castro. Tiveron que resolver problemas de tangram, pentominos, cubo soma e un problema de lóxica que fixeron en grupo para atopar a solución entre todos xuntos.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Ligamats 2024

Club de lectura de adultos: As alumnas, de Paula Carballeira

O club de lectura de adultos, A pé de obra, volveuse reunir, desta volta, para comentar o libro As alumnas de Paula Carballeira.



A obra, Premio Nacional de Teatro 2023, foi obxecto de debate polo noso profesorado. Profundaron na historia de María Barbeito e compartiron experiencias vividas ao longo das súas traxectorias.

Entroido 2024

Exitazo do Entroido 2024!

As titorías preparáronse para unha espectacular batalla de baile con marabillosos disfraces e bailes indescritibles. O xurado non o tivo nada fácil para deliberar os gañadores, mais finalmente fixo oficial a súa decisión:

Álbum: Curso 2023/2024 -> Entroido 2024

Solicitude de admisión para o curso 2024/2025

Xa está aberto o prazo de período de solicitude de admisión para o curso 2024/2025 (do 1 ao 20 de marzo de 2024). Podedes atopar toda a información na sección admisión e matrícula, escribindo ao correo electrónico ies.castelao.vigo@edu.xunta.gal ou chamando ao 886 111 111.

 

Xornada de portas abertas: 4 de marzo

O IES Castelao convida a familias e alumnado a unha xornada de portas abertas para coñecer o Centro e o noso proxecto educativo.

 

Será o luns 4 de marzo ás 19:00 horas no salón de actos do instituto. 

A importancia das normas e límites no fogar

Nais e pais do alumnado de 1º ESO participa no obradoiro impartido por Laura Pazo sobre a importancia das normas e límites no fogar como escudo preventivo ante todo tipo de adiccións e condutas inapropiadas. 

Os nenos e as nenas precisan ter límites claros que lles axuden a medrar nun contexto seguro e comprometido.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Normas e límites

De visita na Universidade de Vigo

As alumnas e alumnos de 2º de bacharelato teñen o seu primeiro contacto coas aulas, co profesorado, e cos laboratorios e talleres nos que estarán os próximos anos. 

Inxenierías, química, ciencias do mar, bioloxía, estudos lingüísticos, económicas, dereito... Organizados en distintos itinerarios experimentaron en primeira persoa como é a vida na universidade. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita á UVigo

O alumnado de 2º de bacharelato continúa coa carreira cara o seu futuro...

Toda a información é pouca...., hoxe tocaba a UVigo.

Ricardo Corderí, responsable do servizo de extensión universitaria da Universidade informa ao alumnado dos servizos, das titulacións,  e das posibles novidades na UVigo de cara ao próximo curso 2024-25.  Fai tamén un repaso ao funcionamento de Nerta para o acceso á universidade,  incidindo na importancia de estar pendentes todos os días da posible convocatoria para matricularse ou manterse na lista de espera.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Charla da Uvigo

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL (marzo 2024)

IES Castelao foi habilitado pola Xunta de Galicia coma un dos centros de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. Este programa permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.

Distribuir contido