Benvida


O IES de Curtis é un centro público de Ensinanza Secundaria e Profesional, do medio rural de Galicia, construído no ano 1981 e situado no concello de CURTIS. O núcleo onde se atopa ten unha poboación aproximada de dous mil habitantes e o concello sobre os catro mil douscentos setenta. A zona educativa á que pertence dispón, ademais deste Instituto, de dous Centros de Educación Infantil e Primaria, así como dunha Casa da Xuventude, situada en Curtis, unha Casa da Cultura en Teixeiro, e un Centro de usos múltiples en Curtis, todos eles dotados de Biblioteca. Ademais hai dous Pavillóns Deportivos cubertos, dúas piscinas, pistas polideportivas e dous ximnasios coa dotación necesaria. A súa economía xira en torno a principal industria,  LOSAN, de transformación de madeira,  e tamén do ferrocarril, as feiras mensuais (9 e 23 en Curtis, 5 e 18 en Teixeiro) e, por suposto, da agricultura, arredor das cales aparece un entramado comercio de minoristas, numeros talleres mecánicos, eléctricos, de carpintería, pintura, etc. Tamén conta con varias entidades bancarias, xestorías de seguros, comercios de alimentación y de tecidos, librerías, etc., o que fai de Curtis e Teixeiro dous nucleos de poboación que prestan servicios de todo tipo.


Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012

Na seguinte ligazón podedes consultar a Orde do 22 de febreiro de 2012, publicada no DOG do 5 de marzo, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2012.

Distribuir contido