Lingua galega e literatura

Anxo Fariña no IES de Curtis

22/03/2011 10:45
22/03/2011 11:35
Etc/GMT+1

O martes, 22 de marzo, visitaranos o escritor e ilustrador Anxo Fariña. É o autor da colección Os Megatoxos, libros que contan a historia de catro rapaces que sofren unha  mutación a causa da picadura dun toxo, a cal lles outorga uns estraños poderes . A primeira das aventuras desenvólvese en Os Megatoxos e o aprendiz de druída.
Na nosa biblioteca contamos tamén cos dous libros seguintes : Os Megatoxos e a espada esmeralda e Os Megatoxos e os Templarios da luz.
Anxo Fariña conta con moitos lectores no noso centro que agardan expectantes a publicación do nº 4.
Benvido Anxo!

Departamentos
    * Lingua e literatura galega
Grupos:
    * 10:45 - 11:35: 1º de ESO

PRINCIPAIS VARIEDADES DE MARRÓNS E CASTAÑAS

(…)  polo que atinxe a Galicia, Elorrieta (l.c.) menciona, para a provincia de Lugo, como máis importantes as seguintes variedades:

  • Paxiana: cor marrón escura, tamaño regular, calidade mediana, temperá.
  • Verdeal: pardo escura, tamaño regular, calidade mediana, temperá.
  • Vilande: marrón escura, tamaño grande, calidade exquisita, temperá.
  • Buxeira: marrón clara, esbrancuxada, moi grande, calidade mediana, semitemperá.
  • De Pega: cor clara, moi pequena, calidade baixa, semiserodia.
  • Sangue: escura, bo tamaño, excelente calidade, serodia.
  • Tarabelí: castaña escura, bo tamaño, calidade mediana, temperá.
  • Agrelo ou chantadina: marrón viva, tamaño mediano, moi boa calidade, temperá.
  • Loura: castaña clara, tamaño mediano, moi boa calidade, semitemperá.
  • Garrida: castaña escura, tamaño maior, moi boa calidade, semiserodia.
  • Rapada: marrón clara, bo tamaño, boa calidade, semiserodia.
  • Cabezuda: marrón clara, grande, calidade regular, semiserodia.
  • Toubesa: marrón escura, moi boa calidade, a mellor madeira, serodia.
  • Presa: marrón escura, grande, boa calidade, serodia.
  • Luguesa: marrón escura, grande, boa calidade, serodia.
  • Bravoleirado: marrón clara amarelada, tamaño regular, boa calidade, moi serodia.
  • Picón: marrón clara amarelada, tamaño regular, boa calidade, moi serodia.
  • Verdiña: marrón clara, grande, boa calidade, moi serodia.
  • Parede: marrón escura, mediana, boa calidade, serodia.
  • Bicuda: castaña, puntiaguda, tamaño regular, boa, maduración intermedia .

Da provincia de Lugo as zonas máis importantes como productoras de castañas son os concellos de Taboada, Chantada, Monterroso e Antas de Ulla. Predominan as variedades abalá, loura e rañuda. Nos montes do Courel destacan as variedades presa e verdeá. Unha idea da diversidade varietal das castañas pódea da-lo feito coñecido da producción da zona do Bolo, situada na provincia de Ourense, que no 1979 produciu un total de 420 t, que segundo J. A. Fernández Lamuño (1984) estivo composta por 16 variedades, porcentualmente distribuídas do seguinte modo:

Na provincia de Pontevedra, a zona do partido xudicial de Lalín é a que ten importancia como productora de castañas, nunha producción anual que se achega ás 900 t. O número de variedades é igualmente grande e confuso, non obstante gozan de particular renome as coñecidas como loura, rosario, abadá, pelada, temprá, patacuda, rañuda e mazaíña.

 FONTE:  http://consellodacultura.org/mediateca/files/2009/09/castinheiro.pdf

Distribuir contido