Convocatorias

BECAS ESTUDIO CURSO 2024/25

Aberto o prazo para solicitar bolsas de estudo MEC para o curso 2024/25.

Prazo de solicitude do 19/03/2024 ao 10/05/2024 ás 15:00 horas

As solicitudes faranse a través da sede electrónica do MEC

CONVOCATORIA BECAS CURSO 2020/21

Ven de ser publicada a convocatoria de Becas para o curso 2020/21. As solicitudes deberán facerse de xeito telemático. O prazo de solicitude de beca para estudos de bacharelato e FP remata o 1 de outubro de 2020.

Mais información na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Pódese consultar a normativa pola que se regula a convocatoria de becas xerais, para necesidades educativas especiais e o RD que regula os umbrais de renda da unidade familiar na seguinte ligazón:

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2020/21

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS. CONVOCATORIA 2020

PROBA CICLOS MEDIOS MÉRCORES 10 DE XUÑO. LEVAR DNI/NIE e COPIA DA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

Na seguinte ligazón pódese atopar a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

MODELOS EXAME ABAU 2020

Na seguinte ligazón podense consultar os modelos de exame para as ABAU 2020

https://ciug.gal/gal/abau/modelos

DATAS CONVOCATORIAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA ABAU 2020.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a CIUG acordaron que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será os días  7, 8 e 9 de xullo.

Máis información na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30710

Actualízase a información a luns 6 de abril, data na que entre outros puntos se acordaron as datas da convocatoria extraordinaria que se celebrará os días 15, 16 e 17 de setembro.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30789

CONVOCATORIA DE BECAS CURSO 2019/2020

Está aberto o prazo para solicitar becas de estudio xerais para o curso 2019/20. Achéganse a convocatoria e o Real Decreto 430/2019 polo que se establecen os limiares de renda.

A seguinte ligazón leva ao portal de Becas dende o que podedes consultar a normativa reguladora e realizar o trámite de solicitude. 

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/estudios-no-universitarios.html

CURSO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS TMVG0309

O IES de Curtis ten previsto impartir o curso de nivel 2 para persoas desempregadas: MANTEMÉNTO DE SISTEMAS DE TRANSMISIÓN DE FORZA E TRENS DE RODAXE DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES do 20 de febreiro ao 18 de xullo de 2019.

Esta actividade está financiada pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción laboral da  Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Hai 5 prazas vacantes. ANÍMATE

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN

Publicada a convocatoria de Campus científicos de verán para o ano 2018. Xúntase extracto publicado no BOE.

CONVOCATORIA DE BECAS PARA O CURSO 2017/18

O 10 de agosto foi publicada a convocatoria de becas para o curso 2017/18 para estudos universitarios e non universitarios. Na seguinte ligazón pódense consultar a convocatorio e os requisitos, así como encher o formulario on-line.

http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/inicio.html

Tamén se xunta a Resolución do 3 de agosto pola que se convocan axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2017/2018. Para acceder a esta convocatoria podese empregar a seguinte ligazón:

Distribuir contido