Técnicas de estudo

Técnicas de estudo

I    COMO ESTUDAR UN TEMA PASO A PASO

  1. Bótalle unha ollada lendo só o que está destacado.
  2. Le o tema tranquilamente, sen agoniáreste polo que non entendes.    
  3. Cun lapis de cor, sinala a idea principal de cada bloque.
  4. Marca en cada parágrafo dúas ou tres palabras importantes    
  5. Volve ler o tema. Agora debes entendelo todo.
  6. Fai un esquema con frechas e números.
  7. Intenta memorizar só ese esquema.
  8. Volve ler o tema. Saberalo "de pé a pa".
  9. Fai isto con cada tema, amodo, e verás como triunfas en todas as avaliacións.

II    APROVEITAR A CLASE

  1. Ir ben preparado para non perder o tempo
  2. Utilizar os cinco sentidos
  3. Procurar colocarse nun bo lugar para ver as explicacións no encerado e oír ben ó profesor. A vista e o oído son importantes na clase.
  4. Tratar de entender o profesor e uliscar o máis importante da súa explicación.
  5. Intentar que guste o que se está explicando. Pode que resulte apaixonante.
  6. Saber "estar" na clase, preguntar ó seu debido tempo.

III    TOMAR APUNTAMENTOS

  1. Dispoñer dun bo material: bolígrafo, papel, carpetas, etc.
  2. Non copiar todo o que di o profesor. Unha vez que se oíu a explicación do profesor procurar entendelo reducindo o texto o máis posible. Entender primeiro, copialo despois.
  3. Empregar as abreviaturas para expresar algúns termos (que = q. / home = h. / número = nº / por exemplo = p.ex. / porque = pq.,...)
  4. Que os apuntamentos sexan atractivos. Comezar cada tema cun folio novo, deixar marxes amplas, titular con letra maiúscula cada capítulo, tema ou apartado. E sobre todo letra clara e lexible.
  5. Cómpre non copiar "en sucio" os apuntamentos da clase e logo "pasalos a limpo" na casa. Procurar copiar o que paga a pena directamente en limpo.

IV    UN BO RESUMO (Resumir é "entresacar" o máis importante dun tema)

  1. Entresacar o máis importante. Salientar as ideas principais con lapis de cores.
  2. Distinguir ben a palla do gran. Deste xeito reducimos ben o número de folios que cómpre estudar. Entón hai que saber ben o resumo.
  3. Sempre que se estude un tema hai que resumilo.
  4. Feito o resumo, cómpre decidir que é o máis importante para poñelo no exame e memorizalo ben. Iso é organizar como imos facer o exame.
  5. O resumo debe ser breve, pero claro. Que nos aclare as ideas.

V    UN BO EXAME

    Debe causar unha boa impresión ós profesores cando o corrixan.

  • Limpeza:
  •     Escribir sen présa e con claridade.
  •     Antes de poñerse a escribir, pensar que imos poñer.
  •     Se hai que tachar algo, facelo con discreción, sen grandes borranchos.
  •     Deixar sempre amplas marxes.
  • Orde:
  •     Salientar cada pregunta. Rodear o número da pregunta cun círculo.
  •     Pensar a orde adecuada e lóxica da resposta.
  •     Evitar as repeticións, a volta atrás, os saltos innecesarios.
  •     Destacar as ideas máis importantes.
  •     Numerar os folios e poñer o voso nome.
  • Redacción:
  •     Expresarte correctamente.
  •     Asinaturar ou negar con claridade. Sen ambigüidades.
  •     Frases curtas e precisas.
  •     Evitar as faltas de ortografía.
  • Rigor científico:
  •     Explicar claramente as túas asinaturacións.
  •     Evitar explicacións ambiguas, as "verdades a medias".
  •     Argumentos lóxicos, sen tirar conclusións incorrectas.
  •     Nun problema numérico explicar claramente os pasos que se están dando.
  •     Non saltar ningún.
  •     Salientar as solucións e as ideas claves das respostas.

10 REGRAS DE OURO PARA UN ESTUDANTE

  1. Érguete axiña. Non chegarás nunca tarde.
  2. Fai un almorzo forte. Sen gasolina o coche non se move.
  3. Está atento durante a clase. Terás logo máis tempo libre.
  4. Respecta os profesores e se leal cos compañeiros. Os coñecementos adquírense nos libros, pero a vida apréndese nas relacións.
  5. Fai moitos amigos. Son as conquistas máis fermosas da vida.
  6. Non te avergoñes de dicir que non entendiches. Ás aulas vaise aprender.
  7. Ten en orde os libros e os apuntamentos. Son o espello dun estudante.
  8. Non te deites sen preparar as túas leccións. Ó día seguinte ergueraste tranqui    lo e descansado.
  9. Estuda con método e ilusión. Pouco a pouco aumentará o gusto por aprender e por saber máis.
  10. Aproveita calquera circunstancia para aprender. Apréndese dos libros, pero tamén da experiencia, da natureza, dos medios de comunicación social, de quen vive contigo, de todo aquilo que constitúe a vida.
Distribuir contido