Taboleiro

PAGAMENTO TAXAS TÍTULO BACHARELATO / CICLO SUPERIOR

Para solicitar o título de bacharelato ou ciclo superior de automoción é preciso facer o pagamento da taxa correspondente. Xúntase documento de axuda para realizar o trámite.

BECAS EUROLINGUA 2024

Convocadas as Becas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración

Prazo aberto ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024

Máis información no sitio web do INJUVE (Atención ao bloqueador de ventanas emerxente porque a ligazón ábrese nunha xanela nova)

CURSO AFD. OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS

PRAZAS LIBRES (NOVAS DATAS DE CELEBRACIÓN 22/4 AO 9/7/2024)

Cartel AFD

BECAS ESTUDIO CURSO 2024/25

Aberto o prazo para solicitar bolsas de estudo MEC para o curso 2024/25.

Prazo de solicitude do 19/03/2024 ao 10/05/2024 ás 15:00 horas

As solicitudes faranse a través da sede electrónica do MEC

CICLO SUPERIOR AUTOMOCIÓN. PRESENTACIÓN PROXECTO EN AUTOMOCIÓN (NOVA CONVOCATORIA)

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: MARTES 19 DE DECEMBRO DE 2023 ÁS 10:30

LUGAR: AULA 2º CS AUTOMOCIÓN

Será necesario entregar a presentación en soporte pendrive

 

LIBROS DE TEXTO E VALES MATERIAL CURSO 2023/24

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas en FONDOLIBROS 2023/24. Poderán consultarse na aplicación fondolibros ou no taboleiro do IES de Curtis.

Os libros entregaranse en setembro ao alumnado. Os vales de material estarán dispoñibles en setembro e terá que ser recollido pola persoa solicitante ou persoa autorizada. Achégase modelo de autorización que se deberá presentar asinada xunto cunha fotocopia do NIF da persoa autorizante e da autorizada.

MATRÍCULA CICLOS FORMATIVOS E FP BÁSICA

Documentación a presentar para alumnado de novo ingreso no centro:

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2023/24

Data preferente de matrícula: 26 e 27 de xuño de 2023

Preferiblemente, e a fin de evitar desprazamentos, o impreso de matrícula e formulario de autorización de uso da imaxe enviaranse asinados electrónicamente ao correo administracion@iesdecurtis.gal dende a conta do dominio do IES (...@iesdecurtis.gal) do alumnado.

Documentación a presentar:

PROBAS LIBRES CICLOS FORMATIVOS

DATAS PROCESO PROBAS LIBRES CICLO MEDIO ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

XORNADA DE ACOLLEMENTO          LUNS 12 DE XUÑO DE 2023 ÁS 9:00 HORAS (SECRETARÍA IES CURTIS)

1º EXAMEN FOL (Teórico e eliminatorio): martes 13 de xuño as 8:30 aula de 2º de CM ELVE.

2º EXAMEN FOL (Práctico e supostos): venres 16 de xuño as 8:30 aula de 2º de CM ELVE.

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

Ven de ser publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

Distribuir contido