Taboleiro

DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO ESO (Orde 6/11/2020)

Premendo aqui pódese consultar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

FONDO LIBROS 2020/21. LISTAXE DEFINITIVA

Xúntase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020). Nesta listaxe poden comprobarse os fondos asignados a cada alumn@, no caso de dúbida ou para calquera aclaración contactar co centro mediante o enderezo electrónico ies.curtis@edu.xunta.es ou no teléfono 881880620

CONVOCATORIA BECAS CURSO 2020/21

Ven de ser publicada a convocatoria de Becas para o curso 2020/21. As solicitudes deberán facerse de xeito telemático. O prazo de solicitude de beca para estudos de bacharelato e FP remata o 1 de outubro de 2020.

Mais información na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Pódese consultar a normativa pola que se regula a convocatoria de becas xerais, para necesidades educativas especiais e o RD que regula os umbrais de renda da unidade familiar na seguinte ligazón:

CICLOS FORMATIVOS 2020/21. ADXUDICACIÓN

Veñen de ser publicadas as listaxes de persoas con prazas adxudicadas a ciclos formativos para o curso 2020/21, que poden ser consultadas na seguinte ligazón:

FONDOLIBROS CURSO 2020/21. LISTAXES PROVISORIAS E VALES

Xúntanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Documento coa listaxe de libros de texto para o curso 2020/21

CICLOS FORMATIVOS. ADMISIÓN

Aberto o prazo de admisión a ciclos formativos para o curso 2020/21.

Mais información sobre o proceso de admisión e oferta educativa na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/fp/inicio-proceso-admision-ciclos-formacion-pro...

MATRÍCULA EN 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS:

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2020/21

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS. CONVOCATORIA 2020

PROBA CICLOS MEDIOS MÉRCORES 10 DE XUÑO. LEVAR DNI/NIE e COPIA DA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

Na seguinte ligazón pódese atopar a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

MODELOS EXAME ABAU 2020

Na seguinte ligazón podense consultar os modelos de exame para as ABAU 2020

https://ciug.gal/gal/abau/modelos

Distribuir contido