Taboleiro

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN

Publicada a convocatoria de Campus científicos de verán para o ano 2018. Xúntase extracto publicado no BOE.

MANIPULACIÓN DE GASES FLUORADOS

Na seguinte ligazón pódese consultar a  ORDE do 8 de xaneiro de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados das persoas que manipulen gases fluorados e os equipamentos baseados neles.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-150118-0002_gl.pdf

CONVOCATORIA DE REUNIÓN DE PAIS E NAIS. LUNS DÍA 9 DE OUTUBRO.

Xúntase en arquivo, a convocatoria da reunión de pais e nais que os vosos fillos e fillas teñen xa e que debe ser asinada como recibín pola vosa parte e entregada ós titores e titoras por eles. É o luns día 9 de outubro a partires das 18.00 horas.

CARTA INFORMATIVA ÓS PAIS E NAIS DE COMEZO DO CURSO 17-18.

Dirixímonos a todos vostedes para saudalos e lembrarlles aspectos do funcionamento do centro, datas significativas e demáis actividades escolares, extraescolares e complementarias deste novo curso.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS.

Xúntase documento coa listaxe definitva de admitidos no Fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/18.

Os libros asignados entregaranse no instituto a partires do venres 15 de setembro de 2017.

Os textos deberán devolverse en xuño de 2018, agás os correspondentes a materias pendentes que se devolverán en setembro de 2018 nos días das probas extraordinarias. A devolución deberá realizarse aínda que o/a alumno/a teña que repetir curso.

No caso de traslado de matrícula antes de xuño deberán devolverse os libros no centro.

CONVOCATORIA DE BECAS PARA O CURSO 2017/18

O 10 de agosto foi publicada a convocatoria de becas para o curso 2017/18 para estudos universitarios e non universitarios. Na seguinte ligazón pódense consultar a convocatorio e os requisitos, así como encher o formulario on-line.

http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/inicio.html

Tamén se xunta a Resolución do 3 de agosto pola que se convocan axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2017/2018. Para acceder a esta convocatoria podese empregar a seguinte ligazón:

NOTA URXENTE!!!!! ACLARACIÓNS SOBRE AS PROBAS DE SETEMBRO CURSO 16/17

Aclaracións sobre as probas de setembro a relizar polo departamento de Xeografía e Historia.

VENRES 1, 16:00 – 17:30: XEOGRAFÍA de 2º BAC .

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017/18

Achégase a listaxe de libros de texto para o curso 2017/18

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017/18

Achégase a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Tamén se xunta un resumo das bases e as datas de publicación das listaxes polo IES e a solicitude.

BECAS 2016/17

Achégase:

Extrato da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2016-2017

Distribuir contido