Taboleiro

VÍDEO DE ÁNIMO PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Achegamos vídeo cunha mensaxe de ánimo e agradecemento para a comunidade educativa

PARABÉNS POLO BEN QUE O ESTADES A FACER. DESTO SAÍREMOS REFORZADOS

 

NOVIDADES SOBRE FCT E ABAU

Xúntanse ligazóns con información sobre o desenvolvemento da FCT e das ABAU

PROBAS ACCESO CICLOS MEDIOS. LISTAXE PROVISIONAL

Na seguinte ligazón pódese consultar listaxe provisional de admitidos as probas de acceso a ciclos formativos de grado medio na convocatoria 2020 e outra información relacionada

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30779

DATAS CONVOCATORIAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA ABAU 2020.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a CIUG acordaron que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será os días  7, 8 e 9 de xullo.

Máis información na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30710

Actualízase a información a luns 6 de abril, data na que entre outros puntos se acordaron as datas da convocatoria extraordinaria que se celebrará os días 15, 16 e 17 de setembro.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30789

CURSO FÍSICA E QUÍMICA NA AULA VIRTUAL

Están creados na aula virtual do IES un curso para Física de 2° bach e outro para  FQ de 4° ESO.
O alumnado do centro podese automatricular coa clave curtis1920.

DATOS DE CONTACTO

TELÉFONO:  881880620

FAX:            881880629

E-MAIL:       ies.curtis@edu.xunta.gal

TAREFAS ACADÉMICAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Os titores e docentes en xeral están a remitir actividades e apuntamentos ao alumnado empregando medios electrónicos, aula virtual do instituto, enderezos electrónicos, etc., a fin de manter dentro do posible a actividade docente e minimizar asi os efectos que a actual situación provocada polo coronavirus poida provocar na aprendizaxe do noso alumnado.

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020/21

Segundo instrucións do 13 de marzo de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

 

FONDO LIBROS 2019/2020. LISTAXES DEFINITIVAS

Achéganse as listaxes definitivas de admitidos con indicación dos libros que corresponden e excluídos. O vindeiro luns 16 de setembro de 2019 farase o reparto dos libros que correspondan a cada alumno/a. No caso dos textos sen existencias entregaránse tan pronto sexa posible.

CONVOCATORIA DE BECAS CURSO 2019/2020

Está aberto o prazo para solicitar becas de estudio xerais para o curso 2019/20. Achéganse a convocatoria e o Real Decreto 430/2019 polo que se establecen os limiares de renda.

A seguinte ligazón leva ao portal de Becas dende o que podedes consultar a normativa reguladora e realizar o trámite de solicitude. 

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/estudios-no-universitarios.html

Distribuir contido