TAREFAS ACADÉMICAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Os titores e docentes en xeral están a remitir actividades e apuntamentos ao alumnado empregando medios electrónicos, aula virtual do instituto, enderezos electrónicos, etc., a fin de manter dentro do posible a actividade docente e minimizar asi os efectos que a actual situación provocada polo coronavirus poida provocar na aprendizaxe do noso alumnado.

 

Para manter a necesaria comunicación entre docentes e alumnado e familiares é preciso ter actualizados os enderezos electrónicos do alumnado. Aínda que son poucos, hai casos nos que carecemos de este dato, polo que non se poden enviar mensaxes,  ou por algún motivo as mensaxes enviadas son rechazadas.

No caso que non se reciba informción pódese enviar o correo electrónico actualizado xunto co nome e curso d@ alumn@ ao correo do instituto: ies.curtis@edu.xunta.es. 

O IES de Curtis agradece a toda a comunidade educativa a colaboración nesta situación