Novas

Presentacións e inicio de clases - Curso 2023/24

O vindeiro luns día 11 de setembro comezarán as clases no IES de Curtis. As presentacións para os cursos de ESO e Bacharelato serán ás 8:30, e en canto rematen comezarán as clases ordinarias. O remate será ás 14:10 e non haberá horario de tarde de maneira excepcional debido ao estado das obras.

As presentación dos Ciclos Formativos serán no salón de actos e no seguinte horario:

11:00 Automoción (Ciclos básico, medio e superior)

11:45 Ciclo Medio Sistemas Microinformáticos e Redes.

OFERTA CURSOS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

OFERTA DE CURSOS AFD NO IES DE CURTIS

 

COMUNICADO DA ANPA DO IES DE CURTIS

A ANPA do IES de Curtis é unha asociación que ten como principal obxectivo a colaboración coa Comunidade Educativa en todo aquilo no que sexa precisa a súa axuda, ben por propia iniciativa, ben a proposta das familias.

FIN DE CURSO. AVALIACIÓNS. RECLAMACIÓNS

LUNS 22 DE XUÑO AVALIACIÓNS DA ESO. PUBLICACIÓN DE NOTAS EN ABALARMÓBIL A PARTIR DAS 15:00 h

MARTES 23 DE XUÑO AVALIACIÓNS DE 1º BAC, FP e FPB. PUBLICACIÓN DE NOTAS EN ABALARMÓBIL A PARTIR DAS 15:00 h

MÉRCORES 24 DE XUÑO FESTIVO.

XOVES 25 e VENRES 26 RECLAMACIÓNS DE 10:00 a 14:00 h

NORMAS SANITARIAS PARA O RETORNO AS AULAS O DÍA 25

  1. o alumnado entrará ordeadamente no centro respectando como mínimo unha separación de 2 m.
  2. virá provisto de máscara; se non a tivera o centro proporcionaralle unha.
  3. accederá directamente as aulas de 2º BAC A ou 2º de BAC B no segundo andar usando as escaleiras da esquerda.
  4. á entrada das aulas haberá un dispendador de xel hidroalcohólico.
  5. os pupitres están separados mínimo 2m.
  6. nos recreos o persoal de limpeza desinfectará a aula.
  7. os servizos será usados cada vez por unha soa persoa e serán desinfectados a continuación.
  8. ao acabar ás

RETORNO ÁS AULAS O 25 DE MAIO PARA 2º DE BAC E 2º DE CICLOS DE FP

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31076

O enlace de arriba conduce ao portal da Consellería de Educación onde se desenvolve un Protocolo de recuperación das clases presenciais para o alumnado de 2º de BAC e 2º de ciclos de FP.

O retorno ás aulas é VOLUNTARIO e  levarase a cabo coas medidas sanitarias recomendadas pola Consellería.

Como o transporte escolar non funcionará o instituto porporcionará transporte ao alumnado que o solicite.

CALENDARIO DE 2º DE BACHARELATO

AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES DE 1º DE BAC  28 DE MAIO

REMATE DE CLASES TELEMÁTICAS 2 DE XUÑO

AVALIACIÓN ORDINARIA 9 DE XUÑO

PUBLICACIÓN DE CUALIFICACIÓNS: 9 DE XUÑO (13 h) (A TRAVÉS DE ABALAR)

RECLAMACIÓNS 10 E 11 DE XUÑO de 10:00 a 14:00 horas.

DATAS DE ADMISIÓN PARA ESO E BACHARELATO

AS DATAS DE ADMISIÓN PARA ESO E BACHARELATO SERÁN DO 11 DE MAIO AO 18 DE  MAIO DE 10:00 A 13:00 H

RÓGASE QUE Á PARTE DOS DOCUMENTOS PERTINENTES, OS INTERESADOS (DEBIDO ÁS ACTUAIS CIRCUNSTANCIAS SANITARIAS) VEÑAN PROVISTOS DO SEU PROPIO BOLÍGRAFO.

As solicitudes pódense cumprimentar mediante a aplicación admisionalumnado accesible mediante a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Distribuir contido