Taboleiro

FONDO SOLIDARIO LIBROS 2019/20. LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Xúntase a listaxe provisional de solicitudes admitidas no fondo solidario de libros de texto e axuda de material escolar para o curso 2019/20 convocadas pola Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20/05/2019.

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL CURSO 2019/20

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e mater

CONVOCATORIA BECAS XERAIS CURSO 2018/19

Xúntase o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2018-2019, para estudantes que cursen estudos post obrigatorios

As solicitudes deberán encherse telemáticamente.

O prazo de presentación de solicitudes empeza o 17 de agosto e remata o 1 de outubro de 2018 para ensinanzas non universitarias e o 15 de outubro de 2019para estudos universitarios.

Na seguinte ligazón pódese atopar toda a información da convocatira e encher e presentar a solicitude

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 18/19

Xúntase o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2018-2019.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de setembro de 2018.

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL 18/19. LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS

Xúntase a listaxe provisional de solicitudes admitidas no fondo solidario de libros de texto e axuda de material escolar para o curso 2018/19 convocadas pola Orde do 9 de maio de 2018(DOG do 21/05/2018.

A ter en conta sobre a información da listaxe:

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19

Relación de libros de texto para o curso 2018/2019

BOLETÍN 3º TRIMESTRE CURSO 2017-18

Xuntamos en arquivo o exemplar do 3º Boletín Trimestral do curso 17-18. 

CARTA INFORMATIVA ÓS PAIS E NAIS DE FIN DO CURSO 2017-18

Ante a próxima finalización do curso 2017-18 achegámoslles información sobre o calendario previsto para os meses de xuño, xullo e setembro. Os horarios poden estar suxeitos a cambios que estarán publicados no taboleiro do IES habilitado no mes de xullo. Feliz verán!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19

Xúntase a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

Xúntase a ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.

Requisitos: (Artigo 3)

Distribuir contido