AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

Ven de ser publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilizando a aplicación fondolibros e presentando a solicitude na Sede Electrónica ou directamente dende a propia sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento ED330B (A ligazón leva directamente ao procedemento). Para empregar esta opción é necesario que a persoa solicitante dispoña de Chave365 ou certificado dixital.
  • Presencial: Empregando os Anexos I e II e presentalos EN PRAZO no centro educativo en que vaia estar matriculado o alumno/a no curso 2023/24

En fondolibros poden obter máis información e cumplimentar ou descargar os anexos.

Adxúntanse Anexos I e II con datos do IES, Orde que regula as axudas, modelo de autorización para recoller o vale de material en caso de non recollelo a persoa solicitante, guia para cubrir os anexos e información breve sobre o procedemento.

 

AdxuntoTamaño
Anexos I e II.pdf1.61 MB
Fondo libros Orde 10-05-2023.pdf1.16 MB
Guia anexo I e II.pdf138.95 KB
Información axudas libros.pdf88.57 KB
Modelo autorizacion recollida vales material.pdf24.21 KB