Anxo Fariña no IES de Curtis

22/03/2011 10:45
22/03/2011 11:35
Etc/GMT+1

O martes, 22 de marzo, visitaranos o escritor e ilustrador Anxo Fariña. É o autor da colección Os Megatoxos, libros que contan a historia de catro rapaces que sofren unha  mutación a causa da picadura dun toxo, a cal lles outorga uns estraños poderes . A primeira das aventuras desenvólvese en Os Megatoxos e o aprendiz de druída.
Na nosa biblioteca contamos tamén cos dous libros seguintes : Os Megatoxos e a espada esmeralda e Os Megatoxos e os Templarios da luz.
Anxo Fariña conta con moitos lectores no noso centro que agardan expectantes a publicación do nº 4.
Benvido Anxo!

Departamentos
    * Lingua e literatura galega
Grupos:
    * 10:45 - 11:35: 1º de ESO