Aberto o prazo de matrícula nos cursos sobre Webs Dinámicas

Ó non haber voluntarios para coordinar un grupo de traballo en TIC, comunícase a todo o profesorado interasado en facer un curso sobre administración ou emprego de webs dinámicas que está aberto o prazo de matrícula para os mesmos. Fixarse a hora de matricularse que un curso é sobre administración e outro sobre o uso e a creación de contidos.

Aula Aberta

Está aberto o prazo para matricularse nos cursos sobre Webs Dinámicas que este ano se impartirán a través da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA). Podedes acceder á información completa na aplicación de Formación do Profesorado (fprofe) ou directamente nos seguintes enlaces:

Os mesmos cursos estarán dispoñibles en aberto, sen titorización e sen certificación, na Aula Aberta do Proxecto Webs Dinámicas.