Instruccións para o remate do curso 2009/10

LIBROS DE TEXTO

Os titores dos grupos de ESO comprobarán o estado dos libros. Os alumnos/as que aproben todo en xuño, despóis da entrega de notas e peche de aula deixarán no salón de actos baixo a supervisión do titor os libros de texto por orde alfabético. 

Os alumnos/as que suspendan algunha asignatura entregarán todolos libros en setembro o día da matrícula. Os que repitan curso poden quedar cos libros tendo que comunicarllo ó secretario. 

AULAS

Cada alumno/a terá que deixar a súa mesa e cadeira limpas e en perfecto estado. Lémbrase ós/ás titores/as que as aulas deben quedar pechadas. 

CHAVES

O profesorado que non vai ter continuidade no centro no vindeiro curso fará entrega das chaves en conserxería. 

MEMORIAS

Antes do día 30 de xuño teñen que entregarse en formato dixital e unha copia impresa e asinada, na xefatura de estudos:

  • Memorias de titoría.
  • Memorias de módulos, FCT e departamento en ciclos formativos.
  • Memorias de departamento.
  • Introducir no XADE informes individualizados de alumnos de ESO (titores)
  • Memoria de Normalización e dinamización lingüística.
  • Memoria de actividades extraescolares.
  • Memoria de dirección.
  • Informes de orientación.
Entregar en secretaría:
  • Inventario de departamentos.
  •  Libro de actas.