UN ALUMNO E UNHA ALUMNA DO CENTRO RECIBIRON UNHA HOMENAXE NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NURIA BELLO BARRAL e ALBERTO RIVADULLA SÁNCHEZ, participaron nunha homenaxe que a Universidade de Santiago de Compostela dedica aos alumnos/as que obtiveron máis de 9 puntos de media entre  a Parte Xeral das probas de Selectividade e as notas de Bacharelato. No evento que reuniu a maís de 400 alumnos/as de toda Galicia, os nosos representantes recibiron un diploma acreditativo e outros agasallos.