A ANPA

A ANPA do IES de Curtis é unha asociación que ten como principal obxectivo a colaboración coa comunidade educativa en todo aquilo no que sexa precisa a súa axuda, ben por propia iniciativa, ben a proposta das familias. Pretende ser o interlocutor válido entre as familias e o equipo directivo, sempre de forma construtiva e ofrecendo solucións para a mellora na formación d@s nos@s fill@s.
Neste curso 2023/2024 dita Anpa está formada por:
  • Víctor Pardo Prego
  • Marta Roca Regueiro
  • Lourdes Castiñeira Blanco
  • Esperanza González Rodríguez
  • Marta Prado Vázquez

Estamos á vosa disposición para calquera dúbida, problema ou cuestión que poidades ter no noso correo electrónico:
anpadoiesdecurtis@gmail.com

Dado que esta é unha asociación feita por e para as familias, solicitamos a vosa colaboración cunha cota anual de soci@s de 10€ por familia, a través da conta que ten a asociación en Abanca.

O ingreso pódese facer a través do caixeiro autómatico de calquera sucursal de Abanca ou mediante transferencia bancaria:

ES68 2080 0024 1030 4000 2377

Sempre especificando en concepto o nome e curso d@ alumn@ ou alumn@s.

 
Moitas grazas pola vosa colaboración.