BIBLIOTECA. DOTACIÓN DO PLAMBE

O noso centro está integrado desde o curso 2009-10 no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares): cada ano o equipo de profesorado que atende este espazo elabora un proxecto de traballo que se leva a cabo e polo que se recibe unha asignación económica por parte de Bibliotecas Escolares de Galicia. Anualmente, desde entón, concedéusenos unha cantidade para a renovación de fondos, iniciativa na que participan, coas súas suxestións todos os departamentos. Neste curso, vén de sernos asignada unha axuda de 2400 euros: 1300 para aumentar e renovar fondos e 1100 para renovar equipamento, neste último caso por termos unha biblioteca que funciona como centro creativo de aprendizaxes!!

A adxudicación desta axuda económica é realmente importante neste momento, xa que completa o obxectivo de mellorar as instalacións e medios deste espazo común do centro: se no verán se acometeu a ampliación da zona de andeis e a reorganización espacial dos fondos, agora será posible renovar e mellorar os recursos dixitais cos que contamos.

Animámosvos a que fagades uso deste espazo que é de todos os que formamos parte do IES e que vos brinda cada vez máis recursos. E non olvidedes que as vosas suxestións sérvennos tamén para mellorar!!

AdxuntoTamaño
IMG_20181001_130525.jpg3.65 MB
IMG_20181001_130908.jpg3.85 MB