Skip to Content

Alumnado de 2º ESO e 3º ESO participan na Olimpíada Matemática Galega e na proba Matemáticas na Raia

Alumnado 2º ESO na Olimpíada Matemática Galega 2022

O xoves 21 de abril, foi día de moita actividade no Departamento de Matemáticas. A mañá comenzou coa participación de Ángela Costa Suárez de 2º ESO A e Ana Castroagudín Troáns e Jesús Manuel Lafuente Bello de 2º ESO B na Olimpíada Matemática Galega organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). A proba consistiu na resolución de forma individual de cinco problemas, que nos deron moito que pensar, na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago.
 
Xa pola tarde, a quenda foi para o alumnado 3º ESO que participaba dende Valga na proba Matemáticas na Raia organizada polo Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal xunto, de novo, coa AGAPEMA. A característica principal deste concurso de resolución de problemas consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos foron os grupos de clase, con moita participación por parte do alumnado. Nesta ocasión as profesoras do departamento Sara Novo e Maruxa Barca foron ata o IES do Milladoiro, no concello de Ames, e foi o profesor José María Barca o encargado de recibir e acoller ao profesorado que viña deste outro instituto para levar a cabo a proba. Dá gusto ver a implicación de todos. Para o ano, repetiremos, seguro!!!.

Alumnado de 3º ESO A na proba Matemáticas na Raia 2022

Alumnado de 3º ESO B na proba Matemáticas na Raia 2022



page | by Dr. Radut