Skip to Content

Historia da Filosofia

Alumnado de Historia da Filosofía de 2º Bacharelato conmemora o 25-N

Alumnado de Historia da Filosdofía 2º Bacharelato conta a viuolencia machista

O alumnado de 2º Bacharelato da materia de Historia da Filosofía co seu profesor Víctor González conmemoraron o 25-N cunha actividade na Biblioteca, aproveitando a exposición sobre os filósofos e filósofas que nestes días se atopa en dito espazo do noso centro. En palabras do profesor Víctor González: "É 25 N. Hoxe e sempre... ou nunca máis, esperemos, que será cando o machismo, en calquera das súas formas, teña rematado. Non é pouca cousa, e calquera esforzo será benvido, e aí están os filósof@s, botando unha man, Os vedes na foto? Aristóteles, Nietzsche, Simone de Beauvoir... están sorrindo. Acompañan a esa rapazada de 2 º de bacharelato que animou a mudanza. Si, mudaron os filósof@s a hospedaxe, e non porque lles fora ingrato o que tiñan, que xa estaban afeitos. Non, pero cando souberon que había loita xusta non dubidaron en arremangarse e arrimar o ombreiro, e aí están agora, pousando. Felices. Que gusto da velos, non si?
    O certo é que non sempre foi así, que gustaron moitos deles, desde sempre - con honrosas excepcións, todo hai que dicilo - o abrigo do poder, relixioso, político, cal fora. Liñas machistas teñen escrito (si, que si a época na que viviron... escusas), pero están redimidos, e aí están, defendendo a xusta loita das mulleres pola igualdade e o respecto. A dignidade.... Ai!, filósof@s, quen os vira e quen os ve!!. Rectificar é de sabios.
     Se pasades pola Biblioteca do IES de Valga os poderedes saudar, pero non esperedes moito, que saben doutras loitas onde tamén son necesarios, e xa non hai quen os pare. Os refuxiados, os inmigrantes, os parias...estanvos xa esperando. En fin. Se os filósof@s se arremagan, xa poden empezar a tremer os tiranos
      Un momento..., algo rosman os filósof@s... xa, queren agradecerlle a Daniel Rubines Llerena, de 3º ESO A, a Yago Castiñeiras Castro, Xavier Fontán González, Ximena Guerra Lestido e María Teles Vázquez de 4 ESO B, a Marta Castroagudín, Marta Guimarey, Sara Iglesias e Laura Ríos, así coma ao alumnado de 2º da bacharelato (Humanidades e Ciencias Sociais) a axuda na montaxe. É de xustiza... e a o compañeiro Jano, do departamento de Historia. Grazas
Como son estes filósof@s!!."
Filósofos e Filósofas contra o machismo 2021

Charla sobre Neurociencia con Xurxo Mariño

Alumnado de 2º Bacharelato na charla sobre Neurociencia con Xurxo Mariño Alumnado de 2º Bacharelato na charla sobre Neurociencia con Xurxo Mariñoalumnado de 2º de Bacharelato asisitiu no IES de Ames a unha charla sobre Neurociencia a cargo de Xurxo Mariño, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña ademais de biólogo e Doctor en Ciencias Biolóxicas pola USC. Durante unha hora o profesor explicou ao alumnado de noso Centro e ao do IES de Ames, sobre diversos aspectos e avances no campo da Neurobioloxía, onde é un experto debido aos seus traballos de investigación. A actividade, celebrada o pasado martes 7 de febreiro, foi organizada polo Departamento de Filosofía.

 
   

Comentario Política de Aristóteles

Modelo de comentario de texto en formato  pdf e odt nos ficheiros adxuntos.

Actividade: Cuestións sobre Filosofia Helenística para 2º Bac

              Contesta as seguintes cuestións:

1-¿Que influencias ten o helenismo na filosofia?

2-Diferenzas entre o intelectualismo socrático e a filosofia do helenismo

Respostas enviar o email do blog:

filosofiavalga@gmail.com

Horario: Martes de 18:00 a 20:00 horas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut