Skip to Content

Actividades

Alumnado de 2º e 3º ESO de Relixión visita Celanova e Vilanova dos Infantes

Alumnado de Relixión de 2º e 3º ESO en Celanova

O luns 29 de abril, o alumnado de 2º e 3º ESO da materia de Relixión visitou Celanova e Vilanova dos Infantes. Nesta saída didáctica, o alumnado desprazouse ata o concello de Celanova para realizar un percorrido por diferentes espazos desta localidade: o Mosteiro de San Rosendo, a Casa dos Poetas, a Capela de San Miguel ou a aldea medieval de Vilanova dos Infantes, onde visitaron a súa Igrexa parroquial de San Salvador, a Torre Homenaxe ou o Santuario da Virxe do Cristal. Foron acompañados polo profesorado Terresa Barreiro, Diego Botana e Avel Turnes. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.
Alumnado de Relixión de 2º e 3º ESO en Celanova

Alumnado de Relixión de 1º ESO visita os Beléns de San Fiz de Solovio e San Agustín en Santiago

Alumnado de Relixión de 1º ESO no Belén de San Fiz de Solovio, Santiago

O alumnado de Relixión de 1º ESO realizou, na maña do luns 18 de decembro, unha saída didáctica á cidade de Santiago de Compostela, para visitar dous dos seus beléns máis representativos: o da Igrexa de San Fiz de Solovio e o da Catedral, que se atopa na Igrexa de San Agustín, ambos representados por máis de cincocentas figuras. Completaron a súa visita cun percorrido pola Catedral e a Praza do Obradoiro. Foron acompañados polo profesorado Teresa Barreiro, Lucía Gómez e Beni Neo. A actividad efoi organizada polo departamento de Relixión.

Alumnado de Relixión de 1º ESO na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

Alumnado de 3º ESO de Relixión visita Celanova e Vilanova dos Infantes

Alumnado de Relixión 3º ESO en Celanova

O luns, 24 de abril, o alumnado de 3º ESO da materia de Relixión visitou Celanova e Vilanova dos Infantes. Nesta saída didáctica, o alumnado desprazouse ata o concello de Celanova para realizar un percorrido por diferentes espazos desta localidade: o Mosteiro de San Rosendo (na súa igrexa puideron escoitar, no coro alto, un concerto didáctico de Órgano), a Casa dos Poetas, a Capela de San Miguel ou a aldea medieval de Vilanova dos Infantes, onde visitaron a súa Igrexa parroquial de San Salvador, a Torre Homenaxe ou o Santuario da Virxe do Cristal. Foron acompañados polas profesoras Terresa Barreiro, Lucía Gómez e Nieves Gómez. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.
Alumnado de Relixión 3º ESO en Celanova

Alumnado de Relixión de 2º ESO realiza unha visita á Pontevedra monumental

                   Alumnado de Relixión de 2º ESO en Pontevedra

O luns 17 de abril, o alumnado de Relixión de 2º ESO realizou unha saída didáctica guiada á cidade de Pontevedra. Esta saída serviulles para coñecer o patrimonio artístico e cultural desta cidade a través das explicacións dun guía do concello. Puideron visitar varias igrexas así como outros espazos da capital pontevedresa e as pegadas que deixaron nela persoeiros ilustres como Castelao. Estiveron acompañados das profesoras Lucía Gómez e Teresa Barreiro. A actividade foi organizada polo Departamento de Relixión.

                    Alumnado de Relixión de 2º ESO en Pontevedra

Alumnado de Relixión de 1º ESO visita beléns e a Catedral en Santiago

Alumnado de Relixión de 1º ESO visitando beléns en Santiago

O alumnado de Relixión de 1º ESO realizou unha saída didáctica pola cidade de Santiago de Compostela onde coñeceron os beléns das igrexas de San Fiz de Solovio e San Agustín; tamén visitaron a Catedral, accedendo pola Porta Santa. Completaron a saída cun percorrido pola zona histórica da cidade. O alumnado foi acompañado polas profesoras Teresa Barreiro e Lucía Gómez. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.

Alumnado de Relixión de 1º ESO na praza da Quintana

Distribuir contido


by Dr. Radut