Skip to Content

Alumnado de 2º e 3º ESO de Relixión visita Celanova e Vilanova dos Infantes

Alumnado de Relixión de 2º e 3º ESO en Celanova

O luns 29 de abril, o alumnado de 2º e 3º ESO da materia de Relixión visitou Celanova e Vilanova dos Infantes. Nesta saída didáctica, o alumnado desprazouse ata o concello de Celanova para realizar un percorrido por diferentes espazos desta localidade: o Mosteiro de San Rosendo, a Casa dos Poetas, a Capela de San Miguel ou a aldea medieval de Vilanova dos Infantes, onde visitaron a súa Igrexa parroquial de San Salvador, a Torre Homenaxe ou o Santuario da Virxe do Cristal. Foron acompañados polo profesorado Terresa Barreiro, Diego Botana e Avel Turnes. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.
Alumnado de Relixión de 2º e 3º ESO en Celanova



page | by Dr. Radut