No IES Plurilingüe de Valga continuamos a traballar no eido da prevención e a protección da saúde co noso alumnado con talleres teórico prácticos de primeiros auxilios.
Nesta quenda, este pasado venres 10 de maio, o alumnado de 1º do C.F.M. de Soldadura e Caldeiraría de mañá, aprendeu como executar de maneira axeitada as accións da cadea de supervivencia e practicaron as súas habilidades na aplicación de técnicas de primeiros auxilios.
O obxectivo é fomentar a prevención de riscos, que o alumnado identifique situacións críticas e saiba ata que punto actuar seguindo os principios xerais de actuación, no que se refire ás medidas do soporte vital básico e o uso do desfibrilador.
A actividade, foi organizada pola responsable do Departamento de Formación e Orientación Laboral e impartida por Ana Mª Buján Martínez, enfermeira, docente e voluntaria de Cruz Vermella de Pontevedra.
Actividades
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »