Skip to Content

Actividades

Alumnas do 2º curso do CB de Agroxardinaría visitou a cidade portuguesa de Coimbra

              Alumnas de 2º CB Agroxardinaría en Coimbra

As alumnas do 2º curso do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais realizaron os días 12 e 13  de abril unha viaxe cultural a Coimbra. Nesta saída puideron coñecer o Museo de Ciencias Naturais e os Xardíns da Universidade, xunto a outros espazos emblemáticos desta cidade portuguesa como a súa Catedral. Foron acompañadas polas profesoras Iria Villar e Loli Rego.

               Alumnas de 2º CB Agroxardinaría en Coimbra

Alumnado do CB de Agroxardinaría realizou prácticas no CPI O Progreso de Catoira

Alumnado do CB Agroxardinaría realizando prácticas no CPI O Progreso de Catoira

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais desprazouse na mañá do luns 5 de febreiro ao CPI O Progreso de Catoira para realizar unha serie de prácticas e, ademais colaborar co centro educativo catoirense. As alumnas e alumnos realizaron labores de mantemento de xardíns, poda ornamental de camelias, así como mantemento de zonas de xardín comestible. O alumnado foi acompañado polo seu profesorado Iria Villar e Xabier Loureiro.

Alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría realizando prácticas e colaborando co CPI O Progreso de Catoira

Alumnado de 2º do CB de Agroxardinaría realiza novos traballos no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"

Alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais creando socalcos no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"

O alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais realizou novos traballos no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"". Entre as tarefas realizadas estivo a creación de socalcos para o encontro do ribazo do xardín e, o camiño de entrada á pista cuberta. Estes socalcos vanse a preparar con diferentes plantas de tempada e algunha definitiva. Adenais, nivelouse o terreo, colocáronse as vigas de madeira cunha pendente determinada, seguindo a liña natural do terreo, realizouse o careado das mesmas e, a colocación de estacas de ferro corrugado, preparadas polo alumnado de Fabricación Mecánica.

Traballos do alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"

Alumnado de 2º do CB de Agroxardinaría expón composicións florais

Exposición do alumnado do 2º curso do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais

O alumnado do 2º curso de Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións florais estiveron estas últimas semanas practicando as composicións florais e a presentación das mesmas. Na fotografía están os resultados, sempre tendo en conta a reutilización de materiais. O alumnado conseguiu realizar estes fermosos traballos que pasarán a formar parte de diversos recunchos do IES Plurilingüe de Valga. #edusostibilidade #. Mentres tanto, esta exposición pode ollarse na entrada ao corredor da planta baixa.

Alumnado do 2º curso do CB Agroxardinaría elaborando a exposición de composicións florais

Alumnado do 2º curso do CB Agroxardinaría elaborando a exposición de composicións florais

Alumnado do GB de Agroxardinaría visitou o concurso de xardíns en Allariz

Alumnado do Grao Básico Agroxardinaría no Festival de Xardíns de Allariz

 O alumnado do 1º e 2º curso do Grao Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais realizou unha saída didáctica, o pasado 11 de outubro, á Exposición Internacional de Xardíns en Allariz. Nesta visita, puideron contemplar a XIII edición desta exposición que co tema central  “A volta ao mundo en once xardíns” presenta doce xardíns efémeros, que  foron valorados tanto polo alumnado como polo profesorado. Foron acompañados polo profesorado Iria Villar e Xabier Loureiro. A actividade foi organizada polo departamento de Agroxardinaría e Composicións Florais.

Alumnado do Grao Básico Agroxardinaría no Festival de Xardíns de Allariz

Distribuir contido


by Dr. Radut