Skip to Content

Actividades

Alumnado de 1º CB de Agroxardinaría visitou o Aquarium Finisterrae en A Coruña

Alumnado 1º CB Agroxardinaría no Aquarium Finisterrae

O alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións florais visitou na mañá do xoves 20 de abril o Aquarium Finisterrae en A Coruña. Neste museo puido coñecer diversos aspectos do mundo mariño. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Fani Calderón e Loli Rego, A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co de Agroxardinaría e Composicións florais.

Alumnado de 1º CB Agroxardinaría no Aquarium Finisterrae

O alumnado do CB de Agroxardinaría colaborará co CSIC e o Concello para coñecer a efectividade do compost

Convenio do CB Agroxardinaría co CSIC

O alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións florais colaborará na elaboración dus estudo sobre a potencialidade agrícola do abono natural que se produce en Valga a través do sistema de compostaxe, tanto comunitario como doméstico. Este estudo faise a través dun acordo de colaboración entre o Concello e a Misión Biolóxica de Galicia, centro adscrito á área de Ciencias Agrarias do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Os ensaios faranse durante este ano e o 2024. Máis información picando neste enlace.

 

Alumnado de 1º do CB de Agroxardinaría e de CTMA de 2º de Bacharelato visitou a Base aérea helitransportada de Campiño, Pontevedra

Visita helimer alumnado CB Agroxardinería 2º Bacharelato CTMA

O alumnado de 1º do CB Básico de Agroxardinaría e Composicións florais e de Ciencias da Terra e medioambientais de 2º de Bacharelato visitaron o xoves 6 de outubro a Base aérea helitransportada de Campiño, en Pontevedra. Recibiron información sobre o traballo que desenvolve o persoal da brigada encargada da prevención e extinción de incendios forestais e tamén sobre o funcionamento do helicóptero e as ferramentas utilizadas. Estiveron acompañados polas profesoras Lara García, Estefanía Calderón e Loli Rego.

Alumnado do CB de Agroxardinaría e de Cultura Científica de 1º Bacharelato visitan o concurso de xardíns en Allariz e Ponte de Lima

Visita aos xardíns de Allariz e Ponte da Lima

O alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións florais xunto co  de Cultura Científica de 1º Bacharelato estiveron visitando os Festivais Internacionais  de Xardíns en Allariz e Ponte de Lima, durante os día 3 e 4 de outubro.
Xardíns terapéuticos. Deseños que curan” é a temática da XII edición deste certame en Allariz, onde os dez xardíns concursantes foron valorados tanto polo alumnado como polo profesorado. En Ponte de Lima, nesta súa XVII edición, pudieron votar as once  propostas internacionais seleccionadas baixo o lema “Xardíns contra o Cambio Climático” despois de visitalas.
Acompañaron ao alumnado, o profesorado: Estefanía Calderón, Xabier Loureiro e Ana Bueno.

Visita aos xardíns de Allariz e Ponte da Lima

Distribuir contido


by Dr. Radut