Alumnas e alumnos de 3ºESO visitaron A Coruña no marco do "Proxecto Terra"

Alumnas e alumnos de 3ºESO participaron nunha excursión á Coruña o pasado mércores 15 de maio, organizada polo Departamento de Ciencias Sociais. A viaxe realizouse no marco do "Proxecto Terra" e os rapaces poideron disfrutar dunha visita guiada ofrecida polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

Para ampliar a foto prema na imaxe

Destacada participación na II Carreira pola Lingua organizada conxuntamente por tres centros escolares de Valga

Ata o sol apuntouse para reivindicar a lingua galega o pasado 16 de maio no IES Valga. E fíxoo case con demasiada forza, xa que os máis de 400 participantes chegaron bastante sofocados á meta pola calor que facía. Na xornada anterior ao Día das Letras Galegas, a comunidade educativa dos dous colexios e do instituto de Valga uniu todas as súas enerxías nesta segunda edición de "Bota unha Carreira pola Lingua".

Para ver a información completa  prema Leer máis

Para ampliar foto prema na imaxe

O alumno Iván Sanmiguel de 1ºESO gaña o 2º premio do concurso de relatos "Por que quero chegar a vello?" do Concello de Valga


O alumno de 1ºESO Iván Sanmiguel vén de acadar o segundo premio nun concurso de relatos curtos convocado polo Centro de Día do Concello de Valga. "Por que quero chegar a vello?" era o título obrigado do relato e Iván conseguiu o segundo posto cun precioso texto sobre os seus avós. Recordemos que tamén é un excelente actor, tal como demostrou  no Festival Axenda 21 e no Entroido. Podedes ler o seu relato na páxina web do Concello que tamén se amosa na imaxe da esquerda:
http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19412

Para ampliar foto prema a imaxe

Toda a comunidade educativa de Valga unirase na II Carreira pola Lingua que se celebra o mércores 16 maio

Toda a comunidade educativa do Concello de Valga unirá as súas enerxías este mércores, 16 de maio, en defensa da lingua galega. "Bota unha Carreira pola Lingua", organizada polo Instituto de Valga en colaboración co Concello, reunirá a alumnas e alumnos do IES e dos colexios de Baño e Ferro Couselo, profes dos tres centros, e nais e pais nunha iniciativa que chega xa á súa segunda edición e que, se hai sorte, verase acompañada polo bo tempo.

Para ver a noticia completa prema Leer máis

 

Para ampliar a foto prema na imaxe  

Powered by Drupal - Design by artinet