Skip to Content

O IES Plurilingüe de Valga seleccionado no programa de Aulas de Emprendemento na FP 2024.

Logo Aulas Emprendemento FP 2024

 

O noso centro vén de ser seleccionado para a inclusión no programa Aulas de Emprendemento 2024 na Formación Profesional, pasando a formar parte da Rede de Aulas de Emprendemento da Consellería de Educación.
O programa ten como obxectivo a organización de actividades formativas para alumnado da Formación Profesional, coa finalidade da aprendizaxe e mellora das habilidades sociais e competencias profesionais, para facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral como traballadores por conta propia e allea.
O proxecto elaborado e coordinado pola responsable do Departamento de FOL, Yolanda Carbia Castro, será financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte e pola Unión Europea- NextGenerationEU, cunha dotación orzamentaria de 5000€.
A actuación enmárcase na colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte dentro do Plan de Modernización de la Formación Profesional a través da compoñente 20 – Plan Estratégico de Impulso de la Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).



page | by Dr. Radut