Skip to Content

Actividades

Alumnas de 2º ESO participan na Olimpíada Matemática Galega

                        Alumnas 2º ESO particpantes na Olimpíada Matemática Galega 2024

O xoves 25 de abril, as alumnas de 2º ESO: Johanna A. González, Antía Otero e Adela Portas, participaron na Fase de Zona da Olimpíada Matemática Galega organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). A proba consistiu na resolución de forma individual de cinco problemas. Esta actividade tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da USC en Santiago de Compostela. O alumnado foi acompañado pola profesora do departamento de Matemáticas, Laura Souto.

Alumnado de 2º ESO participa na Olimpíada Matemática Galega

Alumnado de 2º ESO participa na Olimpíada Matemática Galega

O xoves 27 de abril, o alumnado de 2º ESO: Paulo Meniño, Irati Lorenzo, Xabier Gómez e Sabela Rodríguez, participaron na Fase de Zona da Olimpíada Matemática Galega organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). A proba consistiu na resolución de forma individual de cinco problemas. Esta actividade tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da USC en Santiago de Compostela. O alumnado foi acompañado pola profesora do departamento de Matemáticas, Laura Souto.

Alumnado de 3º ESO participa na actividade "Matemáticas na Raia 2023"

matematicas na raia 2023 Na tarde do xoves 23 de marzo, o alumnado de 3º ESO A e B participou nunha nova edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO, convocado por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.

Alumnado de ESO e 1º Bacharelato participou no XXVIII CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO 2023

Alumnado participante no XXVIII CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO 2023

Un ano máis o departamento de Matemáticas do noso centro colabora coa Asociación CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO (España) dentro da convocatoria que, a nivel internacional, fai a organización CANGURO SIN FRONTERAS (KSF) para o concurso Canguro Matemático 2023, na súa XXVIII edición. Así, na mañá do xoves 16 de marzo, un bo número de alumnas e alumnos da ESO e 1º Bacharelato estiveron na aula de Audiovisuais realizando a proba para cada nivel. Esta proba consistiu na realización, durante 75 minutos, dun test de 30 preguntas de resposta múltiple.

Alumnado de 2º ESO e 3º ESO participan na Olimpíada Matemática Galega e na proba Matemáticas na Raia

Alumnado 2º ESO na Olimpíada Matemática Galega 2022

O xoves 21 de abril, foi día de moita actividade no Departamento de Matemáticas. A mañá comenzou coa participación de Ángela Costa Suárez de 2º ESO A e Ana Castroagudín Troáns e Jesús Manuel Lafuente Bello de 2º ESO B na Olimpíada Matemática Galega organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). A proba consistiu na resolución de forma individual de cinco problemas, que nos deron moito que pensar, na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago.
 
Xa pola tarde, a quenda foi para o alumnado 3º ESO que participaba dende Valga na proba Matemáticas na Raia organizada polo Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal xunto, de novo, coa AGAPEMA. A característica principal deste concurso de resolución de problemas consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos foron os grupos de clase, con moita participación por parte do alumnado. Nesta ocasión as profesoras do departamento Sara Novo e Maruxa Barca foron ata o IES do Milladoiro, no concello de Ames, e foi o profesor José María Barca o encargado de recibir e acoller ao profesorado que viña deste outro instituto para levar a cabo a proba. Dá gusto ver a implicación de todos. Para o ano, repetiremos, seguro!!!.

Alumnado de 3º ESO A na proba Matemáticas na Raia 2022

Alumnado de 3º ESO B na proba Matemáticas na Raia 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut