Skip to Content

Actividades

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato asiste á actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato na charla "STAT WARS: o imperio dos datos"

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato asistiu, o mércores 23 de marzo, á actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”, incluída dentro das charlas temáticas do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
“Stat Wars: o Imperio dos Datos” é unha idea orixinal da Universidade Carlos III de Madrid que BIOSTATNET (Rede Nacional de Bioestatística) lanzou baixo a coordinación da Universidade de Santiago de Compostela. Ambientada na coñecida saga cinematográfica Star Wars e empregando un enfoque baseado na metodoloxía “aprender-xogando”, os poñentes conseguiron o primordial obxectivo da charla: que o alumnado coñecera as múltiples utilidades da estatística, así como as súas aplicacións noutras disciplinas para a resolución de problemáticas habituais. Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta actividade levouse a cabo no Auditorio Municipal de Valga e foi organizada polo departamento de Matemáticas.

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato na charla "STAT WARS: o imperio dos datos"

Ángela Costa de 1º ESO seleccionada na convocatoria de ESTALMAT-Galicia para o Estímulo do Talento Matemático

alumnado 1º ESO na convocatoria do programa ESTALMAT 2021

No IES Valga hai talento matemático de futuro. Así o acredita que a alumna de 1º ESO,  Ángela Costa Suárez foi seleccionada dentro dos 30 estudantes que superaron a proba da convocatoria de ESTALMAT-Galicia para o Estímulo do Talento Matemático

Lembrar que o Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes galegos ten como un dos obxectivos detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento matemático que, en moitos casos, poden pasar inadvertidos ou quedar desatendidos. Esta convocatoria está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2007, 2008 ou 2009 e os seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos  2021-22 e 2022-23, con 20 sesións cada curso, ás  actividades formativas que se programen na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Moitos parabéns a Ángela e a disfrutar desta iniciativa que fomenta o talento matmático.

Máis información picando neste enlace.

Alumnado de 1º ESO no proxecto ESTALMAT–Galicia - Convocatoria 2021

alumnado 1º ESO na convocatoria do programa ESTALMAT 2021

O alumnado de 1º ESO: Diego Comparada Iglesias, Ángela Costa Suárez, Jesús Manuel Lafuente Bello e Ana Castragudín Troáns, participou, na mañá do sábado 12 de xuño, na convocatoria de ESTALMAT-Galicia para o Estímulo do Talento Matemático. Esta primeira proba de selección realizouse na Facultade de Matemáticas da USC.  O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes galegos ten como un dos obxectivos detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento matemático que, en moitos casos, poden pasar inadvertidos ou quedar desatendidos. Todos eles tiveron que realizar unha proba escrita.

Parabens e sorte!!! a Ana, Ángela, Diego e Jesús. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas

alumnado 1º ESO na convocatoria do programa ESTALMAT 2021

 

Alumnado de 3º ESO participa na actividade "Matemáticas na Raia 2021"

Alumnado 3º ESO A no concurso "Matemáticas na Raia 2021"

Na tarde do xoves 15 de abril, o alumnado de 3º ESO A e B participou nunha nova edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO, convocado por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática)  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.

Alumnado 3º ESO B no concurso "Matemáticas na Raia 2021"

Entrega de agasallos ás mellores fotografías do concurso “Matemáticas nun clic”

premiados no concurso “Matemáticas nun clic”

No segundo recreo do martes 16 de marzo, o profesorado do departamento de Matemáticas e a vicedirectora entregaron os agasallos ao alumnado que realizou as fotografías seleccionadas como as máis relevantes dentro do concurso de fotografíaMatemáticas nun clic”, convocado pola rede de divulgación matemática, DiMa. O acto realizouse no corredor da planta baixa, onde tamén se pode ollar os traballos realizados polo alumnado de 3º e 4º ESO. Parabéns a todo o alumnado participante.

Entrega de agasallos do concurso "Matemáticas nun clic"

Exposición do concurso "Matemáticas nun clic"

Distribuir contido


by Dr. Radut