|
O luns 9 de marzo o alumnado de 1º de ESO desprazámonos ata a sede da Fundación Barrié de la Maza en Vigo para participar nos obradoiros matemáticos organizados dentro do programa IMATXINA.
A través de xogos fomos resolvendo diferentes cuestións relacionadas coa xeometría, coa probabilidade, co cálculo, coa resolución de problemas e outras áreas das matemáticas pero dun xeito distinto a como traballamos normalmente estas cousas na aula.
Foi unha clase de matemáticas diferente na que aprendemos cousas novas e, aínda que algún se estrañe, pasámolo ben.
A actividade foi organizada polo Departamento de Matemáticas e o alumnado estivo acompañado polo profesorado Fina Bermúdez, José María Barca e Daniel Chenlo.
|