Skip to Content

Actividades

Día internacional das Matemáticas no IES Valga

espiraislogaritmicas

O pasado 14 de marzo foi o escollido pola UNESCO como Día Internacional das Matemáticas.
No IES de Valga sinaugurouse unha exposición fotográfica das obras realizadas polo alumnado de varios cursos da ESO. Isto estivo motivado pola participación do alumnado no concurso “Matemáticas nun clic”, convocado pola rede de divulgación matemática, DiMa, que  organiza durante todo o mes de marzo un conxunto de actividades de divulgación.

Cabe destacar a enorme participación do alumnado de 3º e 4º de la ESO, grazas á dinamización da profesora Maruxa Barca López. Non se pode olvidar a un grupo de alumnos de 1º de ESO guiados polos profesores Jose Mª Barca López e Julia Sainz Vaquero. Todo o departamento, que inclúe tamén  á profesora Cruz López Quintela e Yolanda Arrollo colaborou na exposición.

O departamento de matemáticas seleccionou catro obras polo seu carácter máis destacado. Estas son:

Tamgram Peludo de Ana Castroagudín Troáns de 1ºESO C

Ángulos Laranxas de Mateo García Piñeiro de 3º ESO A

Espirais Logarítmicas de Samuel Rial Maneiro de 4º ESO A

A fotografía máis laureada foi unha das 15 escollidas no concurso Matemáticas nun clic de

“Polígonos Iluminados” de Miriam Fontáns Castromán de 4º da ESO A

Aos seus autores se lles premiou cun obxecto xeométrico, decorado coas fantásticas fotografías presentadas.

Non deixedes de seguir as actividades do enlace: http://marzomates.webs.ull.es/

poligonos iluminados

 

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato asiste á actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

Alumnado de 2º Bacharelato asiste a actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

O alumnado de 2º Bacharelato na súa aula e o de  1º Bacharelato en streaming asistiu, o pasado venres 5 de marzo, á actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”, incluída dentro das charlas temáticas do programaA Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
“Stat Wars: o Imperio dos Datos” é unha idea orixinal da Universidade Carlos III de Madrid que BIOSTATNET (Rede Nacional de Bioestatística) lanzou baixo a coordinación da Universidade de Santiago de Compostela. Ambientada na coñecida saga cinematográfica Star Wars e empregando un enfoque baseado na metodoloxía “aprender-xogando”, os poñentes conseguiron o primordial obxectivo da charla: que o alumnado coñecera as múltiples utilidades da estatística, así como as súas aplicacións noutras disciplinas para a resolución de problemáticas habituais. Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.

Alumnado de 1º Bacharelato asiste a actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

Alumnado de 2º Bacharelato asiste a actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

 

 

Conferencia de Quique Macías para alumnado de 1º Bacharelato

                   Conferencia de Quique Macías para alumnado de 1º Bacharelato

Este luns 21 de decembro tivo lugar, na aula de 1º Bacharelato do noso Centro, unha interesante conferencia a cargo do profesor da área de Xeometría e Topoloxía da Facultade de Matemáticas da USC, Enrique Macías Virgós. Quique Macías contou, nunha moi amena e didáctica charla, a historia de Internet ao alumnado de 1º Bacharelato. A actividade foi organizada polo Departamento de Matemáticas.

 

Alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato asiste á conferencia "As Matemáticas do s. XXI" de Enrique Macías

Alumnado 4º ESO e 2º Bacharelato na charla "As Matemáticas do século XXI"

Enrique Macías Virgós, profesor de Xeometría e Topoloxía da Facultade de Matemáticas da USC, impartiu este xoves 16 de xaneiro unha interesante conferencia na Biblioteca do noso Centro, sobre "As Matemáticas do século XXI" ao  alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.

O profesor explicou como conceptos sinxelos da súa materia, como os números primos, a análise de curvas catenarias, trigonometría dos triángulos, derivadas e integrais seguen tendo aplicacións tan actuais coma a criptografía e a seguridade das operacións bancarias, no deseño de modelos matemáticos, simulacións por ordenador de desprazamentos dende bicicletas ata avións ou ferrocarril, na astrodinámica, arquitectura, o GPS, os TAC médicos ou a Informática. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.

Alumnado da ESO participa na actividade "Cúpulas de Leonardo"

Alumnado construíndo coas "Cúpulas de Leonardo"

 No corredor da planta baixa do noso Centro, o alumnado da ESO, ten ocasión de aprender e divertirse coa actividade “cúpulas de Leonardo”. Este recurso educativo permite construír estruturas ideadas por Leonardo da Vinci. A partir de diferentes patróns xeométricos -presentes no Codex Atlanticus– poden levantar «cúpulas autosostibles»: os seus elementos non necesitan ningún elemento de unión. 

A actividade estase celebrando esta semana e continuará na vindeira. Está organizada polo departamento de Matemáticas coa colaboración da Fundación Escola Rosalía de Vigo.

No corredor da planta baixa do noso Centro, o alumnado da ESO, , ten ocasión de aprender e divertirse coa actividade “cúpulas de Leonardo”. Este recurso educativo permite construír estruturas ideadas por Leonardo da Vinci. A partir de diferentes patróns xeométricos -presentes no Codex Atlanticus– poden levantar «cúpulas autosostibles»: os seus elementos non necesitan ningún elemento de unión.  A actividade ten lugar durante esta e  a videira semana e está organizada polo departamento de Matemáticas coa colaboración da Fundación Escola Rosalía de Vigo que cede as estruturas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut