Skip to Content

Alumnado de Relixión de 2º ESO realiza unha visita á Pontevedra monumental

                   Alumnado de Relixión de 2º ESO en Pontevedra

O luns 17 de abril, o alumnado de Relixión de 2º ESO realizou unha saída didáctica guiada á cidade de Pontevedra. Esta saída serviulles para coñecer o patrimonio artístico e cultural desta cidade a través das explicacións dun guía do concello. Puideron visitar varias igrexas así como outros espazos da capital pontevedresa e as pegadas que deixaron nela persoeiros ilustres como Castelao. Estiveron acompañados das profesoras Lucía Gómez e Teresa Barreiro. A actividade foi organizada polo Departamento de Relixión.

                    Alumnado de Relixión de 2º ESO en Pontevedra



page | by Dr. Radut