O pasado 7 decembro, na Biblioteca, Ana Olveira Blanco, técnica da Rede Eusumo, Economía Social de Galicia, e cooperativista en Abeluria Coop.gal, dounos una charla sobre : “Outra forma de emprender: A economía social”. Amosounos o que son as empresas de Economía Social, fundamentadas na primacía das persoas e o fin social fronte ao capital, e nas que os beneficios da actividade retornan ás persoas integrantes. Relatando as características das máis importantes empresas socias de Galicia e a súa importancia económica, facendo especial fincapé nas particularidades das cooperativas e as sociedades laborais.
A actividade foi organizada polo Departamento de Economía para o alumnado de 1º de Bacharelato, 4º da ESO, e 1º do CM de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría.