Skip to Content

16 de novembro: Día Mundial da Filosofía

                        Día mundial Filosofía 2023

O departamento de Filosofía conmemora esta semana o "Día Mundial da Filosofía" que se celebra o 16 de novembro. En palabras do profesor de Filosofía Víctor González: "Ábrese a semana da filosofía. O 16 de novembro, xoves, dedícáselle o día, un día calquera, ou só se é filósofo un día e os demais se é un servo?. Evidentemente a filosofía non nos fai libres, simplemente lémbranos que o somos. É algo que non se cuestiona, "estamos condenados a ser libres" di Sartre, o filósofo francés quen, por certo, vainos visitar esta semana, xunto con outr@s, que están chegando despois de facer onte noite en Carril, onde foron, segundo contan, moi ben tratados. Boa xente e boa comida!. Mira ti, os filósof@s, nin que foran parvos.
Cantas veces non nos refuxiamos nas escravitudes cotiás sinxelamente por comodidade? horarios, hábitos, obrigas que nos condenan, si, á escravitude. A filosofía simplemente vén a lembrarnos que a única escravitude posible é con nos mesmos, e nin sequera , e non por iso a filosofía defende o individualismo, mais ben ao contrario, porque se é verdade que estamos condenados a ser libres, non é menos certo que por natureza somos seres políticos, como argumentou Aristóteles, outro que está chegando, é dicir, estamos condenados a vivir en sociedade pero non como unha pesadume ou unha condena, senón como un alimento que nos fortalece e nos fai mellores. A amistade de Epicuro, tamén chegando, podería ser un bo exemplo. Como vivir sen amor, sen amistade? "La vida es bella, ya verás, como a pesar de los pesares, tendrás amigos, tendrás amor, tendrás amigos" escribe José Agustín Goytisilo, que non vai de filósofo, por iso non ven de camiño nin falta que fai, sinxelamente é un ser humano, e é iso o que o fai filósofo.
Desculpade, teño que deixarvos. Chegan os filósof@s e hai que darlles albergue.
Na foto, os alumn@s de 4º ESO, alumn@s de filosofía tod@s eles, acomodándoos. Non son os únicos que están botando unha man, Paula Antía , a compañeira de Lingua Castelá, axudou a darlle lustre ao albergue, Jano, o compañeiro de Historia, inmortalizándoos e o alumnado de 4 ESO, de Proxecto Competencial tamén botaron unha man.  Esperámosvos...  Saúde.
"

Alumnado 4º ESO preparando a exposición dos filósfos e filósofas 23



page | by Dr. Radut