Skip to Content

Exposición sobre os Dereitos Humanos

                         Exposición sobre os Dereitos Humanos 2023

O departamento de Filosofía conmemora o Día Internacional dos Dereitos Humanos cunha exposición na Biblioteca. En palabras do profesor de Filosofía, Víctor González:"O día 10 de decembro é desde hai anos, o Día dos Dereitos Humanos porque se firmou a Declaración Universal. Os 30 artigos. A exposición itinerante chegada á biblioteca do IES Plurilingüe de Valga desde o estranxeiro pretende conmemorar o feito, pero non vos fagades ilusións, xa non vai volver, é máis, de feito, a partires do ano que ven vai desaparecer a data, xa non máis 10 de decembros, xa non máis conmemoracións, total, para o caso que se lle fai, ou iso, ou exixir que o 1 de xaneiro do ano que vén, sexa tamén 10 de decembro, e  o 2 , e así todos os días do ano, que todos os días sexan 10 de decembro. Outra  solución non hai. Que pena que haxa que falar nestos termos.... ou non. Imos a contar a historia doutro xeito. Xa non máis 10 de decembro, pero non porque sexan papel mollado, senón polo contrario porque por fin empézanse a respectar os Dereitos Humanos. Os 30, un tras outro. Xa non máis guerras, non fame, xa non máis non Terceiros, nin Segundos nin Primeiros Mundos. Todos iguais. Soa ben..., a que sí? Pois desde o IES de Valga estamos poñendo o noso grao de area para que a utopía (....menuda utopía!!) por fin sexa posible. A Exposición itinerante, chegada de lonxanos países, e que coa axuda do alumnado de Proxecto Competencial de 3º da ESO, montouse na Biblioteca, é a proba palpable. Non tedes máis que visitala. Se fai o que se pode. Grazas, e saúde".

Exposición sobre os Dereitos Humanos 2023



page | by Dr. Radut