Skip to Content

Intercambio bilateral de alumnado do IES Valga co centro educativo DªMaria II DE Braga

Alumnado de intercambio co centro de Braga   Alumnado de intercambio co centro de Braga

INTERCAMBIO BILATERAL IES DE VALGA. DªMARIA II DE BRAGA

20 DE ABRIL DE 2016: 1º ENCONTRO EN BRAGA

O pasado mércores Un grupo de 30 alumnos de portugués  e de lingua galega de 4º de ESO e de 1º de Bach , acompañados polas profesoras de portugués Olga López, a profesora de apoio do Instituto Camões Teresina Preto  e a profesora de francés MartaRafael Balsa tivemos a honra de poder realizar o primeiro encontro deste intercambio  cos alumnos de español da escola de Braga,froito dunhas xornadas Ersamus en Tui o mes pasado . O proxecto está aprobado nas dúas escolas e forma parte do programa cultural da cidade de Braga como capital cultural da xuventude no 2016. Fomos recibidos na escola pola concelleira de Cultura da cidade, polo equipo directivo así como polos responsables de proxectos educativos do centro e a profesora responsable do proxecto Cristiana Gonsalves, profesora de español Obsequiáronnos cunha bolsiña con planos, libros  da cidade. A acollida foi impecable. Había un grupo de alumnos .Eran os responsables de pequenos discursos de benvida, tamén prepararon eles mesmos uns pinchos e tartas.Mostráronnos as instalación da escola. Maravillosa. 1500 alumnos. Enorme, bonita!. Asistimos a unha clase moi interesante de 90 minutos sobre historia da cidade e sobre literatura. Logo comemos na cantina da escola  e a continuación tivemos unha visita guiada pola cidade, Vimos o Teatro Circo, a catedral, cun dos órganos máis bonitos  de Portugal,o palacio da Misericordia, ademais de  reparar en curiosidades que nos ían explicando. Rematamos a xornada como non podía ser menos no Bon Xesús, subimos nun funicular que funciona cun sistema hidráulico. As vistas, escaleiras, lagos non deixaron de sorprendernos.  Nun principio estabamos todos un pouco tímidos pero segundo foi avanzando o día fomos gañando confianza. A lingua vehicular foi o portugués .Sentímos moi ben acollidos e pensamos recibir aos nosos “parceiros o próximo ano en setembro ou outubro” cun proxecto xa máis firme. E se cadra envolvendo  cursos mías baixos tamén . Oír que en Braga se senten máis próximos de Galiza que de Lisboa e que só nos separa o río Miño así como chamarnos irmáns foi unha satisfacción indescritível.



page | by Dr. Radut