Skip to Content

Animación á lectura

A Biblioteca propón unha breve antoloxía de poemas de amor para San Valentín

        logo bibliotecas

A Bilbioteca do noso centro propón para este 14 de febreiro, San Valentín, e para disfrutar da lectura, unha breve antoloxía de poemas de amor. No ficheiro adxunto ou picando na imaxe,  a esta nova pódese ollar esta escolma de textos poéticos en galego e español.

Recomendacións literarias do alumnado de 1º Bacharelato para o Nadal

O alumnado de 1º Bacharelato, en colaboración coa Biblioteca, realizou unha montaxe audiovisual para animar á lectura durante estas vacacións de Nadal. Picando nas imaxes poderás ollar as súas escollas literarias para este Nadal.                                       

Recomendacións literarias 1º Bacharelato A                       Recomendacións literarias 1º Bacharelato B

Día das Escritoras no IES Valga

 

Día das escritoras 2021

O día das Escritoras é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase este ano 2021  o 18 de  outubro baixo o lema "Ler as idades da vida". "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso a escritura vai dando conta das idades da vida...", explica Marifé Santiago Bolaños, comisaria desta VI Edición do Día das Escritoras 2021.
Desde a Biblioteca propomos que se fomente a obra das escritoras en  lingua galega e lingua castelá coa lectura de algúns dos fragmentos  recollidos nos dous documentos anexados é que visbilizaremos a través  desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas  #DíaDasEscritoras.

A Biblioteca invita a ler no verán

Ler no verán

O equipo da Biblioteca invita a toda a Comunidade Educativa a levar en préstamo ata tres libros para ler no verán. Antes terán que ser devoltos os libros prestados durante o curso. Os préstamos serán nos recreos ata o 22 de xuño, data de finalización do curso actual.

Día das escritoras no IES Valga

diadasescritoras2020

O día das Escritoras é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de  outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería  dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por  unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo,  comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, 

porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é 

que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así 

facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)

Desde a biblioteca propomos que se fomente a obra das escritoras en  lingua galega e lingua castelá coa lectura de algúns dos fragmentos  recollidos nos dous documentos anexados é que visbilizaremos a través  desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas  #DíaDasEscritoras

Distribuir contido


by Dr. Radut