Skip to Content

Actividades

Alumnado de 4º ESO asiste a unha charla sobre neuromarketing

Alumnado de 4º ESO na charla de Juan Graña sobre neuromarketing

O alumnado de 4º ESO asistiu nas dúas últimas horas da mañá do pasado venres 3 de maio a unha charla sobre neuromarketing. Na Bilbioteca do noso centro estivo o especialista nesta materia e fundador da empresa Neurologyca, Juan Graña. Durante dúas horas achegounos ao coñecemento do neuromarketing, unha disciplina centrada na explicación da toma de decisións no proceso de compra por parte dos consumidores. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega.

 Alumnado de 4º ESO na charla de Juan Graña sobre neuromarketing

Alumnado de 2º ESO regueifa con Pinto de Herbón

                              Alumnado 2º ESO regueifando con Pinto de Herbón

O pasado xoves 7 de marzo na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 2º ESO que participa no Certame Provincial de Regueifa impulsado pola Deputación de Pontevedra, tivo ocasión de asisitir a un segundo obradoiro desta modalidade de cantiga improvisada, ofrecido pola Asociación Oral de Galiza. A sesión contou coa presenza do regueifeiro Pinto de Herbón e serviu para complementar ao primeiro obradoiro do mes de febreiro. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galegas.

Alumnado de 4º ESO asiste á obra de teatro "Language Planning" no Auditorio Municipal de Valga

                            Alumnado de 4º ESO asiste á obra de teatro "Language Planning" no Auditorio Municipal de Valga 

O alumnado de 4º ESO asisitiu xunto con compañeiros do mesmo nivel educativo doutros centros da contorna á representación da obra de teatro "Language Planning", a cargo da compañía "Os Quinquilláns". Esta obra está inspirada no libro "Made in Galiza" do escritor Sechu Sende. A representación tivo lugar no Auditorio Municipal de Valga e foi organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura. Neste enlace podes ollar máis información sobre este evento.   

 
   

Alumnado de 2º ESO participa no Certame Provincial de Regueifa impulsado pola Deputación de Pontevedra

Alumnado de 2º ESO no taller de regueifas con Pinto de Herbón  Alumnado de 2º ESO no taller de regueifas con Pinto de Herbón

O venres 22 de febreiro na Biblioteca do noso Centro, alumnado de 2º ESO tivo a primeira das sesións dos obradoiros didácticos ofrecidos pola Asociación Oral de Galiza, neste caso impartido polo regueifeiro Pinto de Herbón, no marco do certame provincial de regueifas que promove o Servizo provincial de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra. Este alumnado volverá a ter un segundo obradoiro o vindeiro 7 de marzo. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galegas

 
   

Alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato asiste a preestrea da obra de teatro "Deus nos colla confesados"

Cartel da obra de teatro "Deus nos colla confesados"  Cartel da obra de teatro "Deus nos colla confesados"    Alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato asisitiu na mañá do venres 18 de xaneiro e no Auditorio Municipal de Cordeiro á preestrea da obra de teatro "Deus nos colla confesados" da compañía Zinco3 Audiovisuais. Esta obra estrearase nese mesmo auditorio ás oito da tarde do sábado 19 de xaneiro. O alumnado  puido gozar durante oitenta minutos dunha obra entretida e con moitos momentos divertidos. A obra está protagonizada entre outros polo noso benquerido exalumno Pedro Calvo, veciño da Devesa en Valga. Noraboa pola súa interpretación e moito éxito. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut