Skip to Content

Actividades

Visita de alumnado en prácticas do Lycée Eric Tabarly

Visita de alumnado en prácticas do Lycée Eric Tabarly

O venres 18 de marzo estiveron no noso centro cinco alumnos acompañado de profesorado da escola profesional Eric Tabarly da vila francesa de Olonne sur Mer. Os alumnos cursan estudos de Soldadura e Caldeiraría no seu centro e están a desenvolver un período de tres semanas de prácticas en empresas de Santiago. Acompañando aos seus alumnos están David (profesor de Caldeiraría) e Muriel (profesora de Matemáticas).
Xunto cos profesores Antonio e Javier do departamento de Fabricación Mecánica e Beni do departamento de Francés percorreron os distintos espazos do centro, especialmente os talleres e aulas dos nosos Ciclos.

Visita de alumnado en prácticas do Lycée Eric Tabarly

Alumnado de Ciclos asiste a unha charla sobre construcións metálicas

Alumnado de 2º Ciclo Medio e 1º e 2º Ciclo Superior na charla sobre construcións metálicas

O venres 4 de marzo, alumnado de 2º de Ciclo Medio e 1º e 2º de Ciclo Superior asistiu, na aula técnica, a unha charla sobre construcións metálicas a cargo de José González Piñeiro da empresa Refuerza de Pontevedra. Nesta actividade o alumnado puido coñecer o desenvolvemento de solucións ou intervencións estruturais complexas, de ambiciosos proxectos técnicos, así como na optimización de custes de estruturas convencionais, todo relacionado coas construcións metálicas. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Charla a cargo de José González da empresa Refuera para alumnado de Ciclos

O profesorado de taller de Ciclos asiste a un curso de formación da nova pregadora

  O profesorado de taller de Ciclos asiste a un curso de formación da nova pregadora

O profesorado de taller dos ciclos formativos recibe no noso centro un curso de formación en técnicas de preparación e programación, para o uso da nova pregadora enviada pola Consellería de Educación.
Pregadora enviada pola Consellería de Educación

Charla sobre o programa Erasmus+ para alumnado de Ciclo Medio

Charla sobre o programa Erasmus+ para alumnado de Ciclo Medio

Visita ao noso centro de Fernando Camoiras, antigo alumno do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería, que explicou a súa experiencia profesional en Holanda, particularmente na empresa Allseas, aos alumnos de Ciclo Medio. Esta é unha actividade programada dentro do proxecto Eramus+, para fomentar a participación do alumnado de formación profesional do IES Valga neste proxecto da UE.

Charla sobre o programa Erasmus para alumnado de Ciclo Medio

Charla Erasmus alumnado Ciclo Medio

 

O alumnado de Ciclo Medio de Soldadura e Caldereiría asistiu este luns 16 de xaneiro a unha charla informativa sobre o programa Erasmus+ de mobilidade que permite ao alumnado realizar prácticas en empresas de diferentes países da Unión Europea. O Xefe de Departamento de Fabricación Mecánica, Antonio Mirás foi o encargado de darlle información sobre este programa, mentres que o antigo alumno de Ciclo Medio, Darío Gómez explicoulle a súa experiencia na empresa Erma Sport, sita na cidade holandesa de Almelo. Darío valorou moi positivamente a súa participación neste programa e a súa experiencia laboral nos Paíse Baixos, animando a todo ao alumnado presente a participar neste proxecto da UE.

Distribuir contido


by Dr. Radut