L. Española y Literatura

PROGRAMACIÓNS CURSO 2023-2024

Nesta entrada están dispoñibles as programacións para o curso 2023-2024. Os extractos relacionados especificamente coa avaliación están á disposición do alumnado e das familias na aula virtual de cada docente. 

Obradoiro de poesía

O luns 23 de outubro o alumnado do club de lectura de 1.º ESO participou nun obradoiro que se desenvolveu no descanso previo ás horas lectivas da tarde (15-16 horas). A biblioteca converteuse nun lugar cheo de poesía no que recitamos, creamos e reflexionamos sobre a creación poética. O alumnado descubriu que a poesía é ritmo e música con poemas de Nicolás Guillén, pero tamén que cousas tan simples coma unha cebola poden ser merecedoras dun poema e que, ás veces, se cambiamos unha soa palabra, o sentido da composición muda completamente. Mentres a choiva batía nos cristais... a rapazada fixo arte coas palabras.

A voltas coa lingua

Preme no enlace para visitar o blog A voltas coa lingua, da profesorsa María Xosé.

Distribuir contido