Normalización lingüística

8M IES Ferro Couselo

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, tivo lugar no IES Ferro Couselo un pequeno acto para marcar este día no noso calendario.

Consistiu nunhas breves palabras da Directora, Ana María Gómez, que quixo pór en valor o traballo non remunerado das mulleres na casa. Para facer visible este traballo varias profesoras e algunha alumna puxemos o mandil.

A música correu a cargo de Nicolás Montero, de 4º ESO B.

O centro vestiuse con exposicións elaboradas polos diferentes departamentos (EDLG, Matemáticas, Física, Educación Física e Música) sobre mulleres que destacaron nos diferentes ámbitos.

Todas estas actividades son unha forma de  sensibilizar ao noso alumnado  e de apostar por unha educación en igualdade.

Adxunto fotos e un vídeo de Nicolás Montero ao piano: https://www.youtube.com/shorts/tV6KtRbd8y4

Grazas aos que vos implicastes nas diferentes actividades.

Alberto García Ferreiro, poeta de Barbadás

A Asociación Cultural Porta da Cadea , de Sobrado do Bispo, quere pór en valor a figura do poeta de Barbadás Alberto García Ferreiro, discípulo de Curros Enríquez, difundindo a súa obra  co  obxectivo de que a RAG o elixa para ser homenaxeado polo Día das Letras Galegas.

A Asociación pediunos que fixeramos algunha actividade arredor da obra do poetas e o EDLG con  alumnos de 1º e 2º de Bacharelato elaborou este vídeo do poema Ergueuse coa aurora, da obra Chorimas (1890).

Foi visionado no evento público que tivo lugar en Sobrado do Bispo, Barbadás, o 12 de marzo deste ano no que andamos.

É a nosa pequena contribución á difusión da obra do poeta Alberto García Ferreiro.

https://youtu.be/yuupfd6K8dQ

Proxecto EDLG curso 22-23

I Concurso de Fotografía AFÉRRATE

I Concurso de Fotografía AFÉRRATE

 

O EDLG convocou o I Concurso de Fotografía AFÉRRATE

Desta volta o tema foi A NOSA PAISAXE.  O obxectivo era mostrar a paisaxe e o entorno do noso alumnado.

As bases establecían que serían seleccionadas tres imaxes pero….houbo un empate polo terceiro posto.

O xurado estivo formado polos profesores integrantes do EDLG e a representante do persoel non docente que deciron que o gañador fose Lucas Martínez, de 4º C, con 18 puntos. O segundo posto foi para Noelia González, de 4º C, quen conseguiu 10 puntos e o terceiro lugar foi compartido con 8 puntos por Carla Almuíña , 4º A,  e Lucía Fernández, 4º C.

Parabéns  aos gañadores e tamén aos participantes pola beleza dos traballos presentados.

FLORENCIO DELGADO. LETRAS GALEGAS 2022

 

FLORENCIO DELGADO. LETRAS GALEGAS 2022

O Día das Letras Galegas 2022  estivo dedicado a homenaxear a figura  de Florencio Delgado.

 

No IES celebramos esta data tan sinalada o 13 de maio, na derradeira hora da mañá. O escenario foi o patio do centro e asisitiu todo o alumnado.

 

A actividade consistiu nun percorrido pola vida e obra do autor de Valdeorras, lectura de poemas e, como non, música.

 

O Dpto. de LGeL e o EDLG queremos agradecer a colaboración do alumnado participante así como a de Ana López, vicedirectora, pola elaboración do vídeo onde se recolle a actividade e que podedes ver no enlace  https://www.youtube.com/watch?v=oCaZJmpX-ec

 

POR MIL PRIMAVERAS MÁIS!!!

 

 

Mulleres exiliadas

Os alumnos de 4º de ESO realizaron uns cartaces sobre mulleres galegas exiliadas e represaliadas dentro do proxecto Donas de si.

Foron expostos no centro e fíxose un vídeo que podedes ver no seguinte enlace

 

O EDLG quixo premiar tres destes traballos que dan voz a estas mulleres cuxas historias se rebelan imprescindibles.

21 MARZO: DÍA da POESÍA

21 de MARZO:  Día da POESÍA

Os departamentos de Francés, Castelán ,Galego e o EDLG unimos forzas para fomentarmos entre o noso alumnado o gusto pola poesía.

En cartolinas con forma de pinga de chuvia escribiron fragmentos de poemas en francés, castelán e galego, que foron expostos no centro .

Tamén realizaron acrósticos cos seus nomes e haikus, demostrando a súa creatividade.

Convocamos un concurso  de pistas para adiviñar un autor e un poema en castelán e en galego. A gañadora foi Paula Fernández de 2º BAC, quen foi agasallada cun caderno e unha pluma.

 

O poema

 

Un poema é un ser vivo que anda,

respira, soña, chora, salouca,

ama, berra, cintila e escurece.

cala, aborrece a mentira,

sente odio e tenrura, desángrase.

fala de intimidade a intimidade

coas cousas e coa xente, suxere

mundos posibeis e imposíbeis,

suda, cansa, sente sede e fame,

adoece, agoniza.

                           E nunca morre.

 

Manuel María

 

23 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

23 de FEBREIRO: Día de Rosalía

¡Ai, das que levan na fronte estrela!

O 23 de febreiro o EDL e o Dpto. de LGeL  festexamos o Día de Rosalía levando a cabo varias actividades.

O Dpto. de Física o EDL fixemos unha exposición sobre a estrela de Rosalía, unha anana amarela situada na constelación de Ofiúco.

A profesora, Ana Reboiro, encargouse da parte física e, o EDLG, da poética, elaborando “poemas con estrela”, é dicir, poemas en forma de estrela nos que aparece esta palabra.

O resultado foi unha exposición que iluminou as paredes do noso IES.

Convocamos un concurso titulado “AS CORES DE ROSALÍA”, no que o alumnado debía ilustrar un poema de Rosalía.

Os gañadores ,na ESO, foron:

1º premio: Sandra González, 4º B

2º premio: Samara Rodríguez, 4º C

3º premio: Noa Santos, 4º C  e  Jeiko García, 3º A

 

En Bacharelato, a gañadora foi Carlota Miralles, 2º BAC A

Outro concurso consistiu en debuxar máscaras con algún motivo rosaliano. O resultado quedou ben bonito!

Os gañadores foron:

Xiana Famiñán, 1º C

Lucía Caneiro, 1º A

Nicolás Ellacurriaga, 3º B

Varios alumnos contribuíron  con diferentes traballos arredor da figura da poeta: un  imán, un libro, un marcapáxinas ou a mesmísima figura de Rosalía!

Quixemos premiar  os traballos de Adriana de la Torre (3º B) e de Laura Samprimitivo  (1º B) por elaborar a figura de Rosalía e  un libro espectacular, respectivamente.

Grazas a todos por colaborar nesta festa  e parabéns aos gañadores!

ROSALÍA SEMPRE!

21 de Febreiro: Día da Lingua Materna

Enlace ao video feito polo equipo de Dinamización para celebrar o día da Lingua Materna.

A poética dos xestos

 

Os alumnos de Debuxo Artístico de 2º BAC  mostraron o seu talento da man da súa profesora Ana Rosa. 

 

A proposta consistiu en tomar como referente os xestos do rostro. O EDLG achegoulles diferentes poemas para elixiren e así acompañar a imaxe.

 

O resultado da unión de debuxo e texto dálle unha enorme expresividade aos seus traballos.

 

Son uns artistas!!!!!

 

 

Distribuir contido