Concursos

VII Certame Literario Viaqua


                 VII Certame Literario VIAQUA

                  Relato clásico e relato creativo

 

              Bases do concurso no seguinte enlace: 

 

                                     BASES 

                                    

Concurso Aula Verde. Plan Proxecta

Os obxectivos principais do proxecto son:

- mellorar hábitos no centro escolar

- fomentar actitudes responsables co medio ambiente

- tomar conciencia sobre a separación do lixo

- valorar a importancia de manter coidadas e limpas as instalacións por unha convivencia positiva   

 

                

                Consulta aquí as bases do concurso                    Carteis

Concurso de vídeos Europass 2020 "Discurso en el ascensor"

Concurso de lemas contra a Violencia de Xénero

A Secretaría Xeral de Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan o concurso conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.

Este ano o concurso enfócase cara a construción de lemas relacionados coa violencia de xénero co fin de promover a erradicación desta violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención.

Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Destinatarios: centros de ensino públicos e concertados, que impartan ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional.
Participación: equipos guiados por 1 docente e constituídos por alumnado; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado
Categorías:

  • 1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
  • 2ª categoría: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio, ciclos de grao superior

Prazo de presentación dos traballos: ata o 19 de novembro de 2020 (ás 13.00 h)

Indicacións para os envíos:os lemas remitiranse por correo electrónico a premios25n.igualdade@xunta.gal

Pódense consultar as bases completas no documento anexo.

                                         

XVII CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2020 - CONCELLO DE LALÍN

XVII Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2020, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, co obxectivo depromover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural..., así coma os efectos e consecuenciasda mesma.

O prazo de presentación estará aberto do 30 de setembro ata o 5 de novembro.

Díptico do concurso                 Bases reguladoras do concurso

XIX Concurso de relato oral "TÍRALLE DA LINGUA"

Este curso 2020-21 presenta modificacións importantes en canto á celebración da súa fase final,  non poderá ser presencial dada a situación derivada da pandemia que estamos a sufrir e que fixo mudar moito as cousas.

Aínda así, parécenos importante seguir adiante con un proxecto que tenta incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, rachar con prexuizos e converter o galego en instrumento de comunicación normal. 

A data de inscrición é antes do 19 de novembro, como figura nas bases. Realizada a fase de selección previa nos centros, as historias que van á fase final serán gravadas e enviadas á AS-PG en formato mp4, até o día 25 de novembro ás 14:00h. Todas as historias  da  fase final serán aloxadas nunha canle da web da AS-PG para poderen ser visualizadas polos centros participantes. No seu momento enviaremos o enlace.

O día 30 de novembro realizarase a fase final de xeito non presencial, e daranse a coñecer as historias gañadoras e os centros.

O concurso vai destinado a tres niveis académicos.

    1) Primaria.

    2) 1º Ciclo de ESO.

    3) 4ºESO e ensino postobrigatorio.

 Os dez primeiros centros que comuniquen o seu compromiso de ir a fase final, poden solicitar unha sesión con profesionais que traballan no ámbito da oralidade: contacontos, xente do teatro e da comunicación.

Bases do concurso Tíralle da lingua

Concurso "Olla a palabra do día!"

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan a través do Portal das Palabras o concurso Olla a Palabra do Día! A iniciativa, dirixida aos centros de educación infantil, primaria e ESO, repartirá oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes ás palabras do día do Portal das Palabras durante o mes de outono.

Cada traballo deberá centrarase nun dos temas semanais que se proporán do 5 de outubro ao 1 de novembro, centrados, por esta orde, na celebración do Día da Nena; a vida e á obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero; o Samaín e mais o coidado do medio natural.

Bases do concurso nesta ligazón

CONCURSO FOTOGRÁFICO

Ampliado o prazo para presentar fotografías para o concurso.  Animádevos a participar ata o día 12 de abril.  Podedes ver algunha foto participante na galería de imaxes.
Neste concurso participan os centros: CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato, IES Xesús Ferro Couselo.

 

   

 

Distribuir contido