Skip to Content

Blog de TIC

Code Week EU 2020 no Aguiar

codeweek

 

 

 

Do 15 ao 25 de outubro, celebramos en toda Europa a #CodeWeek ou semana do código. Unha semana, ou semanas, nas que introducir ao noso alumnado no pensamento computacional e a súa importancia en moitos campos da ciencia, enxeñería, arte, ... Dende moitos centros educativos se rexistran iniciativas para participar nesta semana da programación que pode incluir moitos tipos de actividades relacionadas coa programación e o código diferentes. 

 

O noso centro xa rexistrou unha pequena actividade para desenvolver esta semana na que intentaremos combinar a programación co deseño asistido por ordenador, unha especie de CAD programado. O reto consistirá en que o alumnado deseñe a súa propia etiqueta co seu nome e/ou outro lema sinxelo. Os mellores deseños materializaranse nunha das dúas impresoras 3D do noso centro. E, se algún docente máis se anima, podemos inscribir algunha actividade máis, e tí, estás preparado para a semana do código?

Deixámoste toda a info do evento organizado por CAFI_AulaNova na seguinte páxina de Agueiro

codeweek codeweek

A idea a desenvolver sería algo parecido a.....

codigo aguiar gif

 

O aula virtual do centro pode estar no teu móbil ou tablet.

Descobre a nova Aula Virtual do centro. Novas posibilidades da versión Moodle 3.3.6

Este verán a Consellería instalou en todos os centros de Galicia unha nova versión de Moodle dentro da plataforma Webs Dinámicas. Moodle é o servizo que nos permite ter aulas virtuais libres e seguras dentro dos servidores da Consellería de Educación. E será empregada por case a totalidade da nosa comunidade educativa, agás en 1º ESO que simultanearán coas aulas virtuais do proxecto Abalar-Edixgal coma aula principal.

Todo o alumnado do centro dispón xa de conta no Aula Virtual Moodle Webs Dinámicas

 

Moodle Mobile

Características principais

Coa app Moodle Mobile, todos os teus cursos móstranse nunha lista con acceso fácil aos contidos, participantes, cualificacións e notas.

Podes traballar algunhas tarefas fóra de liña e lógo sincronizalas en canto teñas conexión WiFi

Accede fácilmente ao contido do curso
Visualiza as actividades do curso e descarga os materiais que queiras usar off-line

Cualificacións e cualificar
Os alumnos poden acceder ás súas cualificacións nos cursos que están matriculados e os profesores poden ver os envíos das tarefas dos seus alumnos

Moodle App

en Play Store

Moodle App

en AppStore

Carmen Núñez Faraldo (coordinadora TIC)

Mascarillas e matemáticas. Video e web interactiva. Por qué todos debemos levar a mascarilla sempre posta no instituto

Matemáticas e seguridade. Recordade SEMPRE por qué todos debemos levar mascarilla para coidarnos e coidar das persoas que queremos. 

Aínda que o video está en inglés, a páxina á que fai referencia non, é pode ser de interese tanto pola info e as ligazóns coma para xogar coas gráficas interactivas  https://aatishb.com/maskmath/

Protocolo COVID 'gamified version' para 1º e 2º ESO

Arrancamos un curso novo e diferente, onde unha das primeiras cousas que debemos interiorizar é a necesidade de seguir un protocolo para coidar da nosa saúde e da dos nosos.

Comparto aquí unha pequena gamificación que explica os pasos máis básicos do protocolo e que compartiu con licencia CC @qmataligames. O seu creador a fixo inicialmente para o derradeiro ciclo de primaria, pero os o primeiro ciclo da ESO tamén poden empregala para repasar as normas.

 

 Coidádevos moito!!!                                                          

O Aguiar volta con #sentidiño, videoproduccións do alumnado de TIC

Compartimos con todos vós algunhas das produccións do noso alumnado para unha volta responsable á normalidade. Protexernos nós é tamén protexer aos nosos e ao noso. Por vós, por nós, por todos voltemos con #sentdiño.

Casos máis comúns de enxeñaría social. Obxecto dixital de aprendizaxe de Daniel Veiga TIC 2º BAC

O alumnado de TIC II está a elaborar consellos de seguridade informática. Este obxecto dixital interactivo, firmado por Daniel Veiga, fálanos da seguridade informática e é útil para calquera usuario.

Preme nos elementos que se moven e aprende de xeito divertido acerca da perigosa e extendida enxeñaría social.

Axenda telefónica galega por Noelia RC 1º ESO. Despedida ao alumnado de Programación 1º ESO curso 18/19

Nestas alturas de curso toca correxir e despedirse, non podo coma docente deixar de abraiarme por todo o que avanzáchedes dende que comezou o curso. O voso traballo, os vosos debuxos e a vosa creatividade, botareinas en falta e sei que seguerán a medrar cos anos. profeticsbeta@gmail.comOs murmullos e que non sexades capaces de deixar de falar 2 minutos seguidos e, esas sesións de clase sempre a derradeira hora da mañá, cando todos estamos xa coas pilas un pouco baixas, crédeme que non.

Compartimos coma despedida unha das axendas máis orixinais, que vestiu a 'Siri' de galega, que a verdade e que lle senta moi ben.  Pasade bó verán.

Diálogos brigantinos 800 anos por Candela Suárez García 1º ESO

Candela Suárez García 1º ESO

https://scratch.mit.edu/projects/286092212/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut