Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Outubro 24, 2023

25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...

Acrópole

Mércores Outubro 25, 2023
Start: 21/10/2023
End: 25/10/2023

25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...

Acrópole

Start: 25/10/2023

Alumnado de 1º da ESO participa nunha estadía en Manzaneda, na que goza de diferentes actividades coma tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...

Xoves Outubro 26, 2023

Alumnado de 1º da ESO participa nunha estadía en Manzaneda, na que goza de diferentes actividades coma tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...

Venres Outubro 27, 2023
Start: 25/10/2023
End: 27/10/2023

Alumnado de 1º da ESO participa nunha estadía en Manzaneda, na que goza de diferentes actividades coma tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...

O noso compañeiro e profesor de matemáticas, Álvaro Crego, está en Canadá no marco do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) da Consellería de Educación, para mellorar a súa competencia lingüística en inglés e as súas habilidades didácticas, mediante a observación directa doutros compañeiros.

Velaiquí algunhas fotos da súa estadía:

FOTO SUPERIOR ESQUERDA: Na entrada do Forest Hill Collegiate Institute coa principal e os demais docentes galegos que tiñan asignado o mesmo centro.

FOTO INFERIOR ESQUERDA: Co departamento de matemáticas do instituto.

FOTO INFERIOR DEREITA: Paisaxe en Algonguin Park.

Sábado Outubro 28, 2023
Start: 28/10/2023 17:05

 

Death Reading from a Human Lectern, Congregation in Background.
Así consta referenciado na Biblioteca Museo Morgan (NYC) este singular debuxo do pintor romántico Eugenio Lucas Velázquez (Madrid, 1817-1870).
Con esta ambientación, resulta fácil comprender que, nesta semana de defuntos, unha axeitada proposta de lectura debe incluír unha antoloxía de microrrelatos de terror e relatos como estes de Edgar Allan Poe e Ramón Otero Pedraio.
 
Luns Outubro 30, 2023

Alumnado de 1º e 2º da ESO foron ata o río e realizaron medicións de ph, nitratos, osíxeno, temperatura...
De igual modo, observaron a fauna e analizaron o seu papel como bioindicadores.


#proxecto_rios
@cienciaaguiar

Sábado Novembro 04, 2023
Start: 04/11/2023 21:52
A nosa memoria elixiría as cores se nos pediran pensar en calquera das obras de Vincent van Gogh. Probablemente, acudirían a nosa mente o Autorretrato, A noite estrelada O dormitorio en Arlés
 
A imaxe coa que ilustramos o cartel de Hora de ler presenta a un campesiño lendo diante do lume. 
Nós reparamos na familiaridade desprendida das súas zocas (klompen). 
Sen lugar a dúbidas, moi parecidas as que calza María, a protagonista do relato de Antón Riveiro Coello.   
Moi parecidas as de todos Os comedores de patacas.
 
Martes Novembro 07, 2023

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos

Dentro deste plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, alumnado de 1º da ESO asiste a charlas sobre TIC/Ciberseguridade e Acoso/Ciberacoso.

 

Mércores Novembro 08, 2023

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos

Dentro deste plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, alumnado de 2º da ESO asiste a charlas sobre TIC/Ciberseguridade e Acoso/Ciberacoso.

 

Alumnado de economía de 1º de Bacharelato asiste a unha charla da Axencia Tributaria.

Domingo Novembro 12, 2023
Start: 12/11/2023

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

Start: 12/11/2023 18:53

 

Esta é a ilustración coa que a artista peruana Issa Watanabe homenaxeou as librarías o pasado sábado 11.

 

Os camiñantes do seu magnífico (e multipremiado) álbum ilustrado Migrantes (Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2019), atoparon un momento na súa peregrinación para ler. 

Non podemos descartar que non estean a ler fábulas: esas historias breves protagonizadas por animais das que se desprenden ensinanzas morais. 

Unha ensinanza posible: que os proclamados animais racionais resultan inexactamente xenerosos nos seus autodiagnósticos.

Luns Novembro 13, 2023

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

O noso alumnado do ciclo visitou a empresa Daveiga e o Balneario de Guitiriz.

Martes Novembro 14, 2023

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

Mércores Novembro 15, 2023

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

César de la Fuente, voluntario do Banco de Alimentos Rías Altas e Coordinador de Centros Educativos, acode a noso instituto para falarlle ao alumnado de 4º da ESO do traballo que realiza o Banco, da importancia da soliedariedade e da campaña Gran Recollida de Alimentos.

Neste mes de novembro, a nosa profesora de matemáticas bilingüe, Ana Ruiz, está a visitar un centro educativo canadiense no marco do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE).

Ademais da mellora da competencia lingüística que esta actividade ofrece, acompañará durante 4 semanas a dous docentes desa mesma materia e compartirá experiencias co obxectivo de enriquecer o seu labor docente.

 

 

 

 

Xoves Novembro 16, 2023

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

Start: 16/11/2023 09:43

 

 

 

 

 


 

O próximo mércores 22 de novembro gozaremos coa visita de Brais Lamela ao noso IES. 

Falará coas lectoras e os lectores do Club de Lectura de Adultos sobre a súa magnífica ópera prima.

Ninguén queda mereceu o Premio da Crítica 2023. 

Publicada por Euseino en xuño de 2022, ante a demanda dos lectores, non deixa de ser reimpresa: en setembro alcanzou a novena edición, un fito para calquera libro publicado en España, canto máis para un libro publicado en Galicia. 

Xa foi traduciada ao catalán e tamén ao español (cuatro lunas).

Exposición de traballos do alumnado de Filosofía para conmemorar o Día da Filosofía: cómics que representan o mito da caverna de Platón.

Venres Novembro 17, 2023

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

Start: 17/11/2023 17:59
 
   O 25 de novembro de 1960 Rafael Leónidas Trujillo, ordenou o cruel asasinato de Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, opositoras ao réxime do dictador da República Dominicana. 
   Desde 1981 en moitos países de Latinoamérica elexiron o 25 de novembro para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Posteriormente, xa en 1999, a ONU declarou o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación a Violencia contra a Muller, en memoria das irmás Mirabal.
   Entre as nosas suxestións de lectura, unha selección de microrelatos e textos de María Larrea, María Reimóndez, Berta Dávila, Juan Bonilla, Raúl Ariza, María Xosé Queizán e Paula Carballeira.
   
Sábado Novembro 18, 2023
Start: 12/11/2023
End: 18/11/2023

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

Luns Novembro 20, 2023
Start: 20/11/2023 20:01
   Mañá martes 21 de novembro será inaugurada no Kiosco Alfonso da Coruña a mostra As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido
   A exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG), coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, conta co escritor e xornalista Xesús Fraga como comisario deste proxecto, que relata, a través de obxectos e outros documentos, as historias dos seus protagonistas.
   O Montserrat e o seu xemelgo Begoña foron dous barcos da compañía transatlántica que fixeron as travesías entre Galicia e o Reino Unido. Entre 1960 e 1974 viaxaron, seguindo este traxecto, uns 240.000 galegos e galegas. 
 
   O primeiro dos barcos dálle nome á exposición, que traza, desde outro punto de vista, un dos fluxos migratorios menos visibilizados da emigración galega. 
   Fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, e outros materiais, permiten  contar as peripecias vitais dos viaxeiros que arribaron, as veces en travesías de ida e volta, en portos galegos e británicos.
   É a memoria emocional de varias xeracións que cambiaron o rumbo das súas vidas e, con elas, tamén o do seu país. 
 
   A mostra estará aberta ata o día 14 de xaneiro.
Martes Novembro 21, 2023

Alumnado de Educación Dixital de 3º da ESO participa nun obradoiro organizado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, co obxectivo de capacitalos no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Start: 21/11/2023 17:15

 

Unha vez recibidas todas as solicitudes de participación na viaxe á neve (Andorra) de alumnado de 3º da ESO, convócase aos proxenitores a unha segunda reunión para revisar a información e aclarar dúbidas.

 

 

Hoxe será a primeira de 5 sesións nas que o alumnado de Música de 4º da ESO de Alba Alonso acollerá a diferentes clases de infantil do CEIP Vales Villamarín e lles amosará o seu traballo: o musicado dunha curta!

Ao final de cada sesión, serán os pequenos e pequenas os que farán iso mesmo, con instrumentos sinxelos de percusión.

O lugar elixido, a biblioteca!

@bescolaresgal

Mércores Novembro 22, 2023

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos

Dentro deste plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, alumnado de 3º da ESO asiste a charlas sobre a Violencia sobre a Muller.

Distribuir contido